martes, 16 de xaneiro de 2018

A xornada das Escolas

Tras o looooooongo parón de Nadal, @s nos@s rapaces voltaron ás pistas para o retorno das diferentes ligas. Non foi sen tempo!
Vexamos que tal les foi neste invernal finde de xaneiro.

PREMINI
Liga Zonal de Santiago

A.D. CONCELLO DE NEGREIRA CBPS - LASALLE 4 - 54
Polo coach David


Non temos fotos do partido, pero si do Concello

Partido ante un rival moi superior.

Os rapaces do A. D. Concello de Negreira CBPS seguen aprendendo e divertíndose pese ó resultado no primeiro ano neste deporte.

 Xogaron: Paula, Carmen, Nacho, Nico, Hugo Barbeira, Hugo Quintáns e Miguel Ángel.


RESTAURANTE PORTOFINO CBPS - SAN PELAYO 56 - 14
Polo coach Luky


- Veña, collede un balón que empezamos


O Restaurante Portofino CBPS segue progresando no xogo e como dato máis destacable, a mellora no pase a unha man e o xogo en equipo, tanto en defensa como en ataque.

- Que dis que había que facer con esta cousa redonda?
 
A pesar das baixas de Jose e Dani o resto do equipo non mostrou cansancio e remataron o partido coa mesma intensidade que no primeiro cuarto.

- Escoita, Besbelliño, vouche ensinar o segredo do chof...


Xogaron: Iago, Daniela, Julia, Brais, Dani, Alexo e Álex


CAFÉ BOLICHE A ESTRADA - WE ROBOTS CBPS 32 - 42
Polo coach Chechu Yáñez

Partido de ida e volta o xogado polos nosos rapaces do We Robots CBPS.

O saque de fondo, ese lío de cada partido.


Na primeira parte, @s sonenses xogaron un gran basket, aproveitando superioridades e buscando o compañeiro mellor posicionado, asemade unha defensa ben posicionada.

Tod@s o queren!


En troques, na segunda metade, houbo máis desaxustes que permitiron que os nenos de A Estrada anotarán con facilidade.

Destacar a gran defensa de Xiana e o primeiro partido xogado de Aitana, con moitísima ilusión.
O resultado, como sempre, é o de menos polo que os nenos desfrutaron doutro sábado de basket.


Ben xogado time.

Xogaron: Marcela, Lía, Xiana, Lucas, Brais, Iker, Lois, Martiño, Aitana, Jamie e Óscar.


Liga Xogade Barbanza
ANPA LOUSAME CBPS - C.B. NOIA 38 - 32
Polo coach Filgueiras



Dous concellos, un balón


Moi bo encontro o disputado polos nenos da Anpa Lousame CBPS, quenes foron moi superiores de inicio a fin ante o C. B. Noia.

Destacar o gran acerto no tiro exterior así como a boa defensa a toda a pista, seña e identidade do clube.


Intento de fuga


Só tiveron algúns problemas para atacar a defensa pechada do Noia, abusando do tiro pero traballando moi ben sobre os pases.

Non debemos olvidar que este equipo leva moi poucos adestramentos e xa fan un gran xogo de equipo.

Balón, ás veces entra, noutras non.

Xogaron: Nico, Dani, Diego, Pedro, Andrés, Alexo, Luís e Álex.

MINI MIXTO

ANPA OUTES - C.B. NOIA 
Polo Coach Jorge Pastelero

Gran encontro d@s nen@s da ANPA de Outes fronte a un C.B. Noia con moita máis experiencia.

Intensidade outense

Os rapaces de Jorge e Forès mostraron unha gran melloría no xogo, especialmente nos dous primeiros cuartos onde, a base de esforzo e intensidade, chegaron a ir mandando no marcador (e gañando o primeiro cuarto 12 - 9) fronte a un rival teoricamente moi superior.



Deportividade final

Estas pequenas vitorias reforzan o camiño elexido así que, a seguir entrenando!




- A entrenar!
- Espera a mañá, ho!

Xogaron: Óscar, Jacobo, Carlos, Cristian, Irene, Sara, Marta, Noa, Marcos e Alejandro.

E esta foi a nosa mirada sobre a xornada, e así a contamos