XUVENIL MASCULINO
Zonal de Santiago
ENSEÑANZA - FISIOTERAPIA CINESIA CBPS 53 - 68
Polo Coach Filgueiras
Partido nunha pista difícil ante un rival dos que xogan ben ó baloncesto.
Plan de ataque |
O Fisioterapia Cinesia CBPS pouco a pouco vai encontrando a súa identidade de xogo, coñecendo onde pode facer dano.
Extensión |
Cada xogador está asumindo o seu rol, o que leva á mellora do xogo colectivo.
Onde vas, Blas? |
Só destacar a falta da constancia no traballo, tendo minutos de descanso en lugar de estar todo o encontro ó 100%.
Xubilados mirando ao que traballa. |
Xogaron: Asier, Fernán, Javi, Yago, David, Caste, Iannis e Toño
SENIOR MASCULINO
3eira Zonal de Santiago
C.B. RIBADULLA - TIENDAS PILLADOS CBPS 63 - 65 (OT)
Polo Coach Bule
Partido estrano xogado no Polideportivo de Vedra este domingo entre un veterano c.b. Ribadulla e un Tiendas Pillados CBPS que buscaba volver pola senda da vitoria tras 3 derrotas consecutivas e moitas dúbidas entorno ao equipo.
Frases |
De inicio, os vistantes empezaron atacando a defensa en zona dos locais con acerto a base de movemento de balón e xenerosidade no pase.
Tras ese primeiro cuarto esperanzador, os sonensses volveron a entrar en barrena cunha combinación de malos ataques e malas defensas que deu vida a uns rivais que anotaron 25 puntos neste cuarto para marchar con 7 de vantaxe no marcador ao descanso (33 - 26).
O inicio do terceiro cuarto seguía por ese camiño, cuns locais xogando a pracer e incrementando a súa vantaxe hasta os 16 puntos. Nese punto, cando todo parecía perdido, primeiro liderados por Álex coa axuda de David e co relevevo de Serxo, Caste e Asier coa axuda dos Baloko Brothers, o Tiendas Pillados CBPS foi, primeiro, buscar a prórroga antes de levarse o partido no tempo extra.
Esperemos que esta reacción sexa o inicio dun movimento positivo e non flor dun día.
Xogaron: Álex, Iago, Caste, Baloko jr, Pablo, Baloko SR, Serxo, David e Asier.