mércores, 31 de xaneiro de 2018

A Xornada das Escolas

PREMINI
Liga Zonal de Santiago
WE ROBOTS CBPS - RESTAURANTE PORTOFINO CBPS 23 - 55

Polo Coach Chechu, xa que Coach Luky non enviou nada.

A crónica xa a mandarei, ho!


Emocionante derbi o xogado este venres en Portosín. O primeiro cuarto caeu do lado do We Robots CBPS debido a boa defensa realizada.


Unión robótica

En troques no segundo cuarto o Portofino CBPS demostrou a súa superioridade poñendo o marcador do seu lado.

Un mundo por percorrer

Pola nosa banda, destacar os nervios cos que afrontamos un derbi deste nivel e a ilusión que puxemos na cancha. Perderíamos no marcador, pero gañamos todos como familia CBPS.

Ninguén regala nada.


Xogaron Lía, Lucas, Marcela, Jamie, Xiana, Óscar, Aitana, Martiño, Brais, Lois e Iker.

GALOGRIN - E.D. CONCELLO DE NEGREIRA CBPS 31 - 40
Polo Coach Jose

Empecemos que hai fame


Partido á hora de comer, e o E.D. Concello de Negreira CBPS saíu con fame...

Fame de balón

De canastras, gañando o primeiro tempo, aínda que no segundo os do reemplazo máis durmido concederon o gañado polos compañeiros.

Carpanta
O terceiro arreón do E.D. Concello de Negreira CBPS con un 2-18 ao noso favor que nos  daría a tranquilidade ata o final.
Tralo descanso a cousa estivo máis repartida, pero o traballo feito foi suficiente para aguantar o marcador.

-  Aquí! Aquí! Aquí!
Moi bo traballo de tódol@s xogadora/es, case tod@s anotaron e en defensa estivemos moi activ@s.
Temos que mellorar o traballo dos espazos, pero vamos mellorando pasiño a pasiño. Ánimo EQUIPO!

Xogaron: Ana, Carmen, Paula, Hugo B., Nacho, Nicolás e Hugo Q.

Liga XOGADE Barbanza
SANTA BAIA - E.B. CONCELLO DE LOUSAME CBPS 12 - 37
Polo Coach Filgueiras

Outro bo partido pese ás baixas pola gripe.

- A ver, os sanos, a xogar!


O equipo hoxe no primeiro periodo dominou con moitísima autoridade e a base dun xogo de pases espectacular pero a pelota non entraba; fixeron falta polo menos 20 intentos para anotar a primeira.

Un coach fachendoso polo xogo dos seus pupilos
Despois foi todo o encontro nesa liña renunciar a acabar os contrataques doados para elaborar un mínimo de 5 pases.

Xogaron: Diego, Dani, Nico, James, Alex, Alexo e Luis

MINI
PELETEIRO - ALUMINIOS BORO CBPS 35 - 41

Polo Coach Álex


Último partido da primeira volta. A intención do Aluminios Boro CBPS era manter as boas sensacións da semana pasada, e así foi. 

Buscando a bóla.

Nos primeiros cuartos ningún dos equipos lograba impoñerse, aínda que Peleteiro sempre iba por diante no marcador. Fomos aguantado no partido grazas a dirección de Samu e Celso, os bos rebotes en ataque de Manu, Jaime,  Pablo e Hugo e grandes defensas de Roi, Álvaro e Alex

Defensa intensiva


No quinto período, erros na subida do balón e nos pases fixeron que chegásemos o último tempo cinco puntos por debaixo. Nos últimos 8 minutos o equipo Aluminios Boro CBPS  demostrou o que pode dar: unha presión asfixiante a toda pista, axudas en defensas, fortes no rebote, bos contraataques e 1x1 fixo que gañásemos o partido 33- 41. 

Ofensivas decisivas
 
Dende aquí mardarlle ánimos para a pronta recuperación de Leo
Xogaron: Samu, Alex, Roi, Celso, Álvaro, Pablo, Jaime, Manu e Hugo.

E así foi a nosa mirada sobre a xornada, e así a contamos.