venres, 26 de xaneiro de 2018

A Xornada d@s median@s

INFANTIL FEMININO
Liga Zonal Santiago
PESCADOS BORMAR CBPS - SANTA BAIA 68 - 17
Polo coach Mozan

As xogadoras do Pescados Bormar CBPS saíron enchufadas en defensa, provocando pérdidas de balón e contraataques rápidos que nos dan unha boa vantaxe, aínda que temos moitos fallos por falta de tensión nas nosas entradas a canastra.

Tensión or not tensión

Durante o descanso o adestrador do Santa Baia sofre un mareo e ten que abandonar o pavillón. As Boiresas, con moita garra, seguen xogado e dende a metade do terceiro cuarto o noso coordinador multifunción Juan Filgueiras, ponse á fronte do banquiño para botarlles unha man.

O ionki das bancadas

 Neste terceiro cuarto, as xogadoras do Pescados Bormar CBPS, moi atentas e activas conseguen facer un bo xogo de transición defensa ataque.

No último cuarto, cos consellos e ánimo do compartido adestrador as rapazas do Santa Baia, apretando a defensa do balón conseguen que teñamos máis perdas de balón.


Duelo de adestradores en OK Trapa

Esperamos dende o CBPS que o adestrador boirés se recupere axiña e que non fora nada máis que un susto.

Xogaron:
As Minis Noa e Carla que encadenar un dous grandes partidos, un pola mañán e outro pola tarde.
Infantiles:
Cayetana, Antía, María, Mariña, Sabela, Noa, Martina, Xiana, Andrea e Valeria


INFANTIL MASCULINO
Liga Zonal Santiago
COMPAÑÍA DE MARÍA - PACO'S MODA CBPS 69 - 28
Polo coach Mozan

Derrota contudente na mañá do domingo do Paco´s Moda CBPS fronte ó claro candidato á conquista do campionato e á obtención dunha praza na Liga Galega na próxima tempada.

Hasta este momento todo ía ben

 Xa dende o inicio, o Compañía de María fíxose co dominio total do xogo e do marcador, cunha excelente defensa e con veloces contraataques. Igualmente o xogo 5x5, a súa gran claridade de ideas e a circulación do balón desbordáronnos por completo.


En contadas ocasións puidemos facer, tanto en defensa como en ataque, accións ben executadas durante esta primeira parte.

Á volta de vestiarios fomos capaces de facer máis o noso xogo en ataque e en defensa, pese a que a superioridade do rival era manifesta.

Nada que obxectar ós xogadores do Paco´s Moda CBPS no que podemos denominar como baloncesto de esforzo e desexo, xa que en todo momento os xogadores entregáronse ó máximo do que son capaces.

Derrota que nos anima igual a volver o martes á pista a adestrar coa mesma calidade e gañas que dende fai moito tempo o facemos 

Desintegrados

Xogaron: Leo, Samu, Manuel, Henok, Gael, Isma, Noel, Martin, Lois.

CADETE FEMININO
Liga Zonal Santiago
BASKET DEZA - RÓTULOS AGEITOS CBPS 28 - 43
Polo coach Jose

Íamos pensando que xogábamos en Siberia, pero non foi para tanto, ademáis o partido logo nos foi quentando.

Espazos contra zona.

Saída frouxa do Rótulos Ageitos CBPS na primeira metade, algo perdidas cas novas tácticas de defensa e atopándonos coa defensa zonal das lalinesas, que tanto medo nos metía no corpo.
Na segunda metade, comezamos a defender mellor a saída de balón e no ataque vamos confiando no adestrado durante a semana e con ataques 1 contra 1 vamos furando na muralla defensiva rival, provocando faltas ou buscando un tiro exterior liberado.

Moitos tiros libres tirados, e moitos fallados.

Put your hands in the air!


Temos que apretar máis a defensa e confiar máis no noso baloncesto.
Salientar que, pese a presión no xogo e dende a grada, o Rótulos Ageitos CBPS, seguiron metidas no partido sen entrar nese xogo nin no que se decía desde as bancadas. Un pasiño máis na madurez deste grupo de rapazas, agradecido polo equipo de arbitraxe, que nos felicitou o remate do partido polo noso comportamento.

Sempre concentradas

Tamén agradecer moito a implicación de Elba que despóis de pasar a semana enferma e Melanie que seguindo enferma fixeron o esforzo de vir axudar as súas compañeiras. A Carla que non poido vir, esperamos que se recupere pronto.




O noso chof
 
Xogaron: Elba, Anahí, Sara P., Carmen, Rut, Sara M e as infantís Mariña, Sabela, Martina, Andrea, Valeria.

E así foi a nosa visión sobre a xornada, e así a contamos