xoves, 25 de xaneiro de 2018

A Xornada das Escolas

PREMINI
Liga Zonal de Santiago
WE ROBOTS CBPS - ED AMES-MILLADOIRO 33 -24
Polo coach Chechu

Foi moi divertido o encontro disputado este pasado sábado no pavillón municipal de Negreira polos nosos nenos do We Robots CBPS.

Deixade que os We Robots veñan a min.


Contamos con 4 baixas de nivel, como son as de Brais, Jamie, Xiana e Aitana case todas a causa dos catarros de tempada (que se melloren!!). Aínda así os nosos xogadores demostraron que son capaces de repoñerse das adversidades e deixaron na cancha as súas forzas para levar a victoria para casa. 

- Veña Filgueiras, aí quedas.

O traballo reboteador  de Lois e Iker, as defensas de Lucas e Marcela, as bandexas de Lía, os tiros de Martiño e os pases de Óscar fixeron gozar ao numeroso público que acudiu a cita.

- Collede todo que aquí xa estivemos


O We Robots CBPS segue mellorando día a día e demostrando que o que se aprende nos adestramentos lévase á práctica nos partidos.

MINI FEMININO
Liga galega

INSTITUTO ROSALÍA - BODEGÓN O PESCADOR -EXCAVACIÓNS DARÍO CBPS 45-57
Polo coach Beiro


Brillante partido do Bodegón O Pescador- Excavacións Darío CBPS o disputado na chuviosa mañá do sábado en Santiago. As nosas dominaron o partido de principio a fin exceptuando un segundo cuarto que representou unha mancha nun magnífico partido en xeral.

Conquista dunha cancha mítica
 
A nivel defensivo, o Bodegón O Pescador- Excavacións Darío CBPS estivo intenso casi todo o partido, presionando, defendendo líneas de pase, roubando balóns, provocando pérdidas do rival, dentro da excelente actitude defensiva mantida por todas as xogadoras, e aínda que non me gusta destacar a nadie individualmente porque esto é un equipo, gustaríame alabar o traballo de Cristina, que empezou a xogar fai pouco máis dun ano e que se encargou de secar ás xogadoras máis destacadas do equipo rival.

Dentro do tempo morto


En ataque, o partido non foi tan completo pero acadáronse canastras de mérito, froito algunas delas do adestrado durante a semana. O partido rematou cun canastón da capitana Marta sobre a bocina que deixou o marcador nun 45-57 logo de manexar durante toda a segunda parte diferenzas por riba dos dez puntos.

- Mami, deixa de facer fotos, ho!

Xogaron: Carla, Marta, Noa I., Paula C., Paula F., María, Sara, Cristina, Isabela e Lucía.

Foron baixa Candela por fascitis pero que acudiu a animar as suas compñeiras e Iria que está cunha forte gripe, ás duas desexamoslles una pronta recuperación.


TORNEO AMISTOSO EN NEGREIRA

PREMINI
E.D. CONCELLO DE NEGREIRA CBPS - RESTAURANTE PORTOFINO CBPS
Polo coach Jose


Carreiras e botes en Negreira


Mañá fría, chuviosa e con brétema en Negreira ao máis puro estilo londinense.
O Restaurante Portofino CBPS plantexa un partido de presión a toda pista no que o E.D. CONCELLO DE NEGREIRA CBPS teñen moi complicada a circulación de balón.

O xefe de orquesta

Temos que seguir a traballar nos pases, sin estar enriba do balón para non favorecer a defensa rival. E no ataque da canastra perder o medo a que nos quiten a pelota.

Baloncesto in Negreira
 
Xogaron polo Negreira: Ana, Carmen, Paula, Hugo B., Nacho, Nicolás e Hugo Q.
Xogaron polo Portofino: Iago, Daniela, José, Dani, Alexo, Brais, Alex, Julia

MINI MASCULINO
ALUMINIOS BORO CBPS - E.D. AMES.
Polo Coach Álex

Deslocalizados

Amistoso do Aluminios Boro CBPS contra Ames para comezar a coller o ritmo da competición.

Hasta o árbitro era amistoso

Agás pequenos momentos de desconexión, o partido foi dominado de principio a fin polo Aluminios Boro CBPS.







- Estamos borrosos!
Conseguimos facer unha boa presión a toda pista e en ataque xogamos moi abertos e con bos cortes. Esperemos marchar coas mismas sensacións cando nos atopemos en liga. 
 
Densidade
Xogaron: Alex, Jaime, Celso, Pablo, Roi, Samu, Leo, Álvaro e Manu.

E así foi a xornada das escolas, e así a contamos