xoves, 7 de decembro de 2017

A xornada das escolas

Xornada frioleira nos pavillóns composteláns onde tiveron que xogar os cativos. A ver que tal lles foi.

PREMINI
Liga Zonal de Santiago
BERTAMIRÁNS - RESTAURANTE PORTOFINO CBPS 39 - 29

Polo coach don de palabras Luky

Buscando sitio

Comezou o partido con moi boas perspectivas para o Restaurante Portofino CBPS, atacando e anotando con facilidade.

 As tornas cambiaron no terceiro cuarto, no que ademáis dos axustes defensivos, a permisividade cos contactos ilegais fixeron que encaixáramos un parcial en contra ó final do partido.

 Polo demáis, a mellora  do Restaurante Portofino CBPS é constante, sobre todo no referente a fundamentos técnicos, faceta na que fomos superiores ó rival.

Destacar o comportamento deportivo d@s nos@s siareir@s, así como dos xogadores/as ante a imposibilidade, moitas veces, de desenrolar os seus aprendizaxes ante a citada falta de criterio á hora de sinalar as constantes accións antirregramentarias das que eran obxecto.

Suliñar tamén que Brais, o noso xogador de categoría baby, anotou a súa primeira canastra e estamos seguros de que con esa actitude cando xoga non será nin moito menos a última.

Xogaron: Julia, Iago, Brais, José, Dani Ribeira, Dani Nebra, Daniela, Alexo e Álex


GALOGRÍN - WE ROBOTS CBPS 52 - 30
Polo coach lenda ferrolán Chechu

Apunta ben que non pareces moi espabilao

O We Robots CBPS levou mal iso de madrugar e despertaron tarde.

Unha primeira parte despistados supuxo que as diferenzas no marcador xa non puideran ser pequenas ó final do partido.

Estamos pa to.

Con todo, víronse cousas moi interesantes dos sonenses. Por exemplo: unha xogada preciosa de Marcela, onde amosou os conceptos aprendidos durante a semana ou a mellora de Lois aportando moito no rebote.

Outro aspecto positivo é que case todos os nenos anotaron algunha canastra, como por exemplo Iker, Brais ou Martiño. Por último destacar a gran defensa de Xiana e Lucas e o gran traballo na dirección de Óscar e Lía.

Ven que che papo

Tamén vimos mellora do We Robots CBPS no xogo de pases e na súa execución, polo que podemos contar o partido como unha victoria, xa que conseguimos mellorar día a día.


LASALLE - E.D. CONCELLO DE NEGREIRA CBPS 6-2
Polo seleccionador David

Tiro libre de redes sociais

Encontro moi disputado do E.D. Concello de Negreira CBPS aínda que con escaso acerto por parte dos dous equipos.

Concentración de preminis

Os rapaces e rapazas loitaron, correron, levaron algún que outro golpe e, sobre todo, disfrutaron. O máis importante é que seguen mellorando.
Vou meter unha que está quedando moi soso

Xogaron: Paula, Carmen, Hugo Quintáns, Hugo Barbeira, Carmen, Íñigo, Nacho e Nico.


MINI FEMININO
Liga Galega
PELETEIRO - BODEGÓN O PESCADOR/ EXCAVACIÓNS DARÍO CBPS 23 -55

Polo coach tribuneiro Beiro
Veña pa diante!



Victoria clara do Bodegón O Pescador/Excavacións Darío CBPS no partido disputado nunha fría mañá de domingo en Montouto. Así comenzaron as nosas xogadoras, frías, despistadas, con erros que xa non se deben cometer... o que as levou a anotar un soa canastra en todo o primeiro cuarto, que rematou 2-2. 


Mimá, está durmida aínda!


No segundo cuarto as xogadoras do Bodegón O Pescador/Excavacións Darío CBPS deron un paso adiante no seu xogo, puxeron en práctica o adestrado esta semana, con moi boas triangulacións, con María recibindo grandes pases das suas compañeiras... Foron os erros nos tiros libres os que non permitiron que a vantaxe fose máis aló dos seis puntos. As deficiencias no xogo volveron no terceiro cuarto, no que tan só puidemos anotar unha canastra por medio de Carla.

Puntería baixa

O cuarto período marcou un punto de inflexión no partido, un espectacular traballo defensivo das minis de primeiro ano Lucía e Candela xunto co da capitana Marta veu acompañado de varias canastras fáciles por parte de Noa e Carla, que fixeron que a diferencia no marcador subise dos dez puntos.


Puntería alta

Ese traballo defensivo continuou no quinto período pero costounos máis anotar ante a pechada defensa do equipo colexial. Chegouse así cun 19 -28 ao final do período. 


Co frío que fai e nós sen despegar

No último período produciuse o despegue definitivo do Bodegón O Pescador/Excavacións Darío CBPS. Continuou a intensa defensa, que levou a moitos roubos de balón rematados con canastras fáciles, destacar tamén que as cinco xogadoras que xogaron neste período conseguiron anotar, levando o marcador ó 23-55 final.


A rendición de Peleteiro

Xogaron as 12 minis. Agora a adestrar e preparar o próximo partido..


MINI MASCULINO
Liga Zonal de Santiago
ALUMINIOS BORO CBPS - CLUNY 23 -22

Polo coach Álex

Comezou o Aluminios Boro CBPS moi despistado e pouco organizados, tanto en ataque como na defensa, ademáis da mala sorte nos tiros a canastra. Todo isto fixo que perdéramos todos os cuartos contra un Cluny máis centrado.

Xogo revolto
Foi nos últimos minutos, levando unha desvantaxe de 11 puntos, cando o Aluminios Boro CBPS comezou a acertar no xogo, cunha presión a toda pista con gran intensidade, e nos pases, recurtando así a desvantaxe ata 1 punto. A pesar de todo isto, non foi suficiente.

Tapando ocos

Xogaron: Samu, Álex, Leo, Manu, Hugo, Pablo, Roi, Álvaro, Jaime, Óscar e Celso.

 
E así foi a nosa mirada sobre a xornada, e así a contamos