A ver que tal lles foi á rapazada toda.
INFANTIL FEMININO
Liga Zonal de Santiago
C.B. RIANXO - PESCADOS BORMAR CBPS 10 - 60
Polo coach itinerante Jose
Mañá fría en Rianxo, entre o frío e o que escorregaban as táboas do pavillón semellaba que iamos xogar ó hockey pero non, xogamos ó basket e dun xeito serio.
Dende a defensa o Pescados Bormar CBPS construíu contraataques coidando nas finalizacións, traballando as dúas mans en bandexas de dereitas e de esquerdas ben executadas.
Forte marexada defensiva |
Presionando o balón e traballando as liñas de pase, conseguimos moitos roubos que aproveitamos para que case todas as xogadoras (e a que falta non tardará en facelo, xa que cada día está máis segura) meteron canastra.
Ai, dios, non paran! |
O Pescados Bormar CBPS tamén fixo un xogo moito máis solidario que outras veces, xogando coa cabeza levantada vendo máis cancha e o máis importante, as nosas compañeiras libres de marca.
No xogo estático traballamos as triangulacións, conseguindo conectar exterior con interior, tal coma nos adestramentos, conseguindo vantaxes que daban como resultado unhas canastras bonitas.
Canastra moi bonita |
Queda pendente o traballo de rebote facéndose sitio na zona para facernos co balón, aproveitando os conceptos que aprendemos no ataque será máis doado usalos na defensa e saldar esa conta.
A ver a quen lle cae |
Noraboa a todas as xogadoras xa que nestes partidos non é doado manter a concentración e foron quen de ser moi regulares nos catro cuartos.
Xogaron: Cayetana, Carla, María, Sabela, Martina, Xiana, Andrea, Paula, Antía e Valeria.
CADETES FEMININO
Liga Zonal de Santiago
C.B. RIANXO - RÓTULOS AGEITOS CBPS
Polo coach yonolovipero Bule
Partido aprazado xogado este martes no pavillón de Tarragoña.
Houbo tios libres |
Houbo contraataques |
As rapazas adestradas por Jose foron dominadoras desde o principio do partido, xogando un partido moi serio e con grandes momentos de baloncesto.
Houbo pases |
Houbo charlas |
Houbo rebotes |
Polo menos é o que me contaron.
Houbo marcador final |
Xogaron Sara P. , Anahí, Sara M., Rut, Carmen, Carla, Martina, Melanie, Valeria e Andrea L.
CADETES MASCULINO
Liga Zonal de Santiago
PARRILADA A NOSA RÍA CBPS - OBRADOIRO CAB 50 -54
Polo coach antenista David
Tocáballe ó Parrillada A Nosa Ría CBPS recibir a un Obradoiro, que chegaba invicto e suou moito para manter esta condición. O partido foi moi disputado con alternancias no marcador ata o descanso.
Poucas fotos para un partidazo |
Conseguían os sonenses sacar vantaxes no 1x1 e buscar o xogador liberado para anotar en entradas ou tiros cercanos.
No terceiro período, o Obradoiro pechouse máis e dificultou o noso ataque, conseguindo rebotear dado a súa superioridade física e anotar varios contraataques que levaron a diferencia por riba dos 10 puntos.
No último período o Parrillada A Nosa Ría CBPS apretou en defensa e mellorou algo en ataque, conseguindo chegar ó último minuto a só dous puntos e con dous tiros libres que non conseguiron anotar.
A partir de ahí a precipitación e o desorde deron ó traste as opcións de remontada.
Xogaron: Noel, Andrés, Adrián, Isaac, Pinalla, Isma, Martín, Roi, Abel, Iván e Fran.
- E así foi como foi, e así é como o contamos, tío! |