mércores, 29 de novembro de 2017

A xornada d@s maiores

Pleno de vitorias dos equipos das categorías superiores do CBPS nunha xornada contra rivais nada doados. Damos o finde por super exitoso.

XUVENIL MASCULINO
Liga Zonal de Santiago
FISIOTERAPIA CINESIA CBPS - C.B. AMES 66 - 54
Polo coach un día destes como a un Juan Filgueiras 


O domingo xogouse un deses partidos que están sinalados de vermello no calendario, fronte a un dos cocos da competición.

O Fisioterapia Cinesia estaba avisado e xogou os 20 primeiros minutos comoadestraron o venres, con gran intensidade e concentración. O balón circulaba, o ataque anotaba, a defensa defendía, +20 no marcador e o corpo técnico encantado.


Todo semellaba tranquilo

A sáida dos vestuarios foi outro cantare, co equipo descompoñéndose pouco a pouco pola enorme intensidade do rival que posto a palmar, ía palmar de pé. O equipo sonense veuse avasallado por tanta enerxía, que ficou sen respostas, atolondrado e entrando en guerras onde tiña todas as de perder.



Mimá como se pon esto...

A vantaxe que parecía cómoda fundiu ata os 5 puntos, momento en que o Fisioterapia Cinesia CBPS foi quen de recuperarse e xogar con cabeza para asegurar unha vitoria importante e moi sufrida.

Orden no poste baixo

Moralexa do conto do domingo; sen cabeza non somos nada, con ela podemos con todo.

Un segundo de tregua
 Xogaron; Fernan, Caste, David, Toño, Iago, Asier, Javi, Adrián, Alfonso e Pinaya.

SENIOR MASCULINO
3eira B Zonal de Santiago
TIENDAS PILLADOS CBPS - A.D. FONTIÑAS 67 - 63
Polo coach on fire Bule

Quinta vitoria consecutiva. E terceira de seis con menos e 5 puntos de diferenza. Ao Tiendas Pillados CBPS vaille as sensacións fortes.

De novo, o plantel presentaba varias baixas de homes importantes, coma Maki por lesión e Beni e Brais por curre. E Álex, tocado, volvía a pisar a cancha tras semanas de baixa. Baixa, que por certo, vai ter que respectar unhas semanas máis.

Coma sempre, uns valerosos juniors acudían á convocatoria para cubrir estas ausencias e dar o do de peito. E unha vez máis, foron decisivos.

Enfronte, un A.D. Fontiñas correoso que xoga con moita intensidade os 40 minutos. Con este panorama, o partido discurriu con pequenas vantaxes para equipo local, cando conseguían facer valer a potencia do seu xogo interior, que os vistantes contrarrestaban sistematicamente cun xogo coral e moi activo.

A primeira gran vantaxe a obtivo o Tiendas Pillados CBPS con tres triples casi seguidos de Asier tras xogar un dentro-fóra de manual con David. Este acerto, unido a un gran defensa, especialmente por parte de Toño, deixou unha vantaxe de dez puntos que parecía definitiva.

Sen embargo, o equipo local é especialista en tirarse balóns aos pés e, cando todo semellaba controlado, o A.D. Fontiñas reviviu a base de agasallos e estreitou o marcador hasta os 3 puntos. Un salvador e milagroso 2 máis un de Pablo, e os libres de Serxo e Caste certificaron unha vitoria moito máis suada do necesario. Un clásico en Santa Irene.

Xogaron: Mario, Chi, Caste, Toño, Álex, Baloko jr, Baloko sr, Serxo, David, Asier e Pablo.

SENIOR FEMININO
Liga privada Nais do Sur
PEIXE GALEGO CANTEIRIÑAS- A LONXA VELLA/GALIHOSTEL CBPS 15 - 17
Polo fachendoso Bule

María, Rocío, Sonia, Carmen, Lorena, Rosa e Olalla
presentes, Chus a ausente no corazón. Bule e Moledo de corpo técnico, con Luky e Mozan nun curruncho da nosa mente.

Todos estes nomes conforman o Basket Family A Lonxa Vella/Galihostel CBPS da tempada 2017-2018. O ano no que se formou unha liga de mulleres xogadoras de baloncesto entre Porto do Son, O Grove, Marín e Cangas.

Anteriormente, estas mulleres xogaron en algún torneo solto. Este ano decidiron poñerse en serio e ligar. Que carallo, tamén ligan os demáis.

Para o seu primeiro partido, o noso equipo presentouse co xusto, sete xogadoras, un domingo, ás 10 da mañá, preto do río, na cancha frigorífica de Marín. E enfronte, 18 xogadoras. Sería esaxerar dicir que as nosas estaban entusiastas e optimistas. Sería esaxerado dicir que estaban pesimistas e resignadas. Pero vamos, máis preto do segundo que do primeiro.

- Nós metemos alí
- Optimista...




O primeiro era quitarse o frío. Tras un bó quecemento, e xa con cores das meixelas, os ánimos volveron. Os partidos nunca se perden antes de xogalos se non queres. Así que, que carallo.

Empezamos!



E desde o principio as xogadores de Bule e Moledo mostráronse moi serias, xogando un gran baloncesto de pase e cortes, ordenadas atrás, e sobre todo, moi concentradas. Xogaban como entrenaban. E a primeira canastra foi nosa. O máis dificil estaba feito.

A partires de aquí, a tónica do partido foi sempre a mesma; ou empatado ou o Basket Family A Lonxa Vella/Galihostel CBPS collendo unha mínima vantaxe de 2 puntos. Os minutos pasaban, as forzas cada vez eran máis xustas pero estas mulleres seguían ao seu, sen desfalecer.


Incertidume xeneralizada




E así chegouse ao último minuto. E así chegouse á última xogada. E así chegouse ao último tiro das marinenses, que non entra, e que provoca un estalido de ledicia entre todas as sonenses presentes, entre Moledo e Bule, entre gran parte da familia CBPS unha vez o WhatsApp enviado.


As vencedoras

Xa non volverá a pasar. Haberá máis vitorias pero ningunha terá o sabor desta, a primeira, a xenuina, a vitoria sobre os seus propios medos. A maior das vitorias.

Xogaron: María, Rocío, Sonia, Carmen, Rosa, Olalla e Lorena. 

E así foi a nosa visión da xornada, e así de contentos a contamos