mércores, 22 de novembro de 2017

A xornada d@s median@s

A xornada empezou coa suspensión do encontro do cadete feminino RÓTULOS AGEITOS CBPS. Así que mentres as rapazas descansaban, o resto suaba. A ver como lles foi.

INFANTIL FEMININO
2da División, zonal de Santiago
PESCADOS BORMAR CBPS - LA SALLE PROYDE 59-30
Polo coach Mozan Yin

Enfrontábanse dous equipos invictos ata a data. Pese á boa posta en acción do Pescados Bormar CBPS no xogo, os erros en entradas fáciles á canastra, en accións de 1x0, facían que non se cobrase a recompensa final no marcador.

O Lay Up

Pouco a pouco o acerto en ataque subiu e puidéronse cobrar as primeiras vantaxes no marcador propiciadas polo xogo e sobre todo fruto de recuperacións de balón gracias ás boas accións defensivas.

Baixa a bóla que quedas sen ela

Durante todo o partido o Pescados Bormar CBPS mandou no resultado e no xogo, de maneira que todas as xogadoras convocadas tiveron tempo de participar. Recoñecer o esforzo de dúas xogadoras que pese a ter molestias no nocello fixeron o posible por xogar. Mandar ánimos a Mariña para que se recupere o antes posible.

Nada regala nada

E unha vez máis queda demostrado que o Pescados Bormar CBPS xogou con corazón e paixón, que son as mellores estratexias posibles nestas idades temperás.

O Sputnik

Xogaron: Paula, Carla, Antía, María, Noa, Cayetana, Xiana, Valeria, Sabela, Alejandra e Martina. 


INFANTIL MASCULINO
2da División, zonal de Santiago

ASAMBAL - PACO'S MODA CBPS 72-39
Polo coach Mozan Yang

Derrota contundente do Paco´s Moda CBPS fronte a un rival moi superior fisicamente e cunha defensa individual moi pechada.


32'6 segundos antes da batalla.

Os tres minutos finais do segundo período e a raíz de ter que sentar a Noel coa súa cuarta falta, crearon un desconcerto que fixo que a diferenza no marcador se disparase. No terceiro cuarto, unha mala saída con dous erros defensivos fixo que a brecha no marcador se convertese case en inalcanzable.

Ven que non chegamos

A pesar do resultado final, o Paco´s Moda CBPS tivo momentos nos que xogou francamente ben. Destacar que xogan catro rapaces da categoría mini basquet, dous deles de primeiro ano, e que a cada partido que pasa fano mellor.

Minimando
  
Xogaron: Samu, Hugo, Alex, Leo, Manu, Manuel, Noel, Miguel, Lois e Alberto,

CADETE MASCULINO
2da División, zonal de Santiago
ASAMBAL - PARRILLADA A NOSA RÍA CBPS 40-47

Polo coach David 

Visitaba ó Parrillada A Nosa Ría CBPS ao Asambal, da Pobra. Por segunda semana, un mal inicio dáballe unha vantaxe ós rivais, aínda que desta vez só foron 5 puntos.

Frea!

Despois dun tempo morto, o Parrillada A Nosa Ría CBPS volveu máis metido no partido, aínda que errático nas finalizacións. Sacaban vantaxes nos 1x1, que finalizaban na liña de persoal pero con escaso acerto, rematando o primeiro cuarto igualados.

Trocos

No segundo e terceiro período as defensas impuxéronse ós ataques. Os nosos cunha presión a toda a pista que permitía roubar moitos balóns e o rival ben cerrado cara o seu aro, permitindo tiros exteriores que non fomos quen de anotar.


Correde que non chegades

No inicio do último período un par de roubos permitíronnos conseguir unha vantaxe de 5 puntos que soubemos manter ata o último minuto do partido, onde ó final a diferenza foi de 7 puntos.

Xogaron: Noel, Denis, Andrés, Adrián Armental, Isaac, Pinaya, Martín, Roi, Abel, Iván e Fran.


E así foi a nosa visión da xornada, e así a contamos