martes, 21 de novembro de 2017

A xornada das escolas

Mentres descansaba o Bodegón Pescador/Excavacións Darío CBPS, xogaban os premini e mini fegaba alá por Compostela. Vexamos que tal lles foi, contado polos seus protagonistas.

PREMINI
Liga Zonal de Santiago
RESTAURANTE PORTOFINO CBPS - MILLADOIRO 62-12
Polo coach invictus Luky

O partido comezou moi de cara para o Portofino CBPS, cun parcial de 12-0, c@s nen@s facendo cousas moi interesantes sobre a pistae atacando o aro rival con convicción.


Colocándose


Nos restantes cuartos, cabe destacar que, aínda que a vantaxe era ampla, non baixou a intensidade defensiva. en ataque, cabe salientar o gran xogo de pases, os conceptos de equipo, lectura de xogo, manter as distancias e a ocupación o lado débil.

O lado débil manda!

En resumo, partido moi completo duns peques que están a progresar axeitadamente. Pero a ruta non fai máis que comenzar.

Un traballo ben feito

 Xogaron: Julia, Daniela, Alexo, Alex, Dani Nebra, Dani Ribeira, Brais e Iago.


WE ROBOTS CBPS - BERTAMIRÁNS 16-64
Polo coach ingañus Chechu Yáñez

Difícil estrea na liga do We Robots CBPS ante un rival máis preparado e superior físicamente.

Debutando

Os nosos nenos e nenas puxeron moitas ganas pese ós nervios do primeiro día e aínda que a derrota foi abultada, nunca deixaron de intentar facer cousas na pista.


Charlando

Xogaron: Lía, Marcela, Óscar, Iker, Lois, James, Martiño, Brais e Xiana.


E.D. CONCELLO DE NEGREIRA CBPS - GALOGRÍN 20-16
Polo coach vengador Jose 

Ben cedo de mañá, debut do E.D. Concello de Negreira CBPS fronte a un Galogrín con maior número de xogadores.

O Coach Que Susurraba Aos Xogadores


Aínda que o arranque foi para os nosos, o encontro foi moi igualado, como se dunha montaña rusa se tratase, chegando ó descanso cun marcador de 7-12.

Reagrupando

Tralo descanso recuperamos folgos xa que saíron moi enchufados no partido, conseguindo darlle a volta ó marcador.

Xeneral vencendo ao Pixelao

Bo partido do E.D. Concello de Negreira CBPS, aínda que hai que traballar máis certos aspectos da defensa e atacar sen medo a canastra.

Xogaron: Paula, Nacho, Hugo Quintáns, Hugo Barbeira, Ana, Nicolás e Miguel

MINI MASCULINO
Liga Zonal de Santiago 
ALUMINIOS BORO CBPS - AMES 40-22 

Gran partido do Aluminios Boro CBPS, cunha gran defensa. Saídas en contraataque e xerando canastras no desborde do 1x1.

Mirando ao ceo

A defensa a toda pista foi a tónica xeral do Aluminios Boro CBPS, traballando a responsabilidade individual e sen axudas.

Liderando.

 Mellorouse en viveza no xogo, posta en marcha do balón, rebotes e balóns perdidos.

Fin da batalla.

 Xogaron: Samu, Álex, Manu, Pablo, Óscar, Jacobo, Álvaro, Roi, Leo e Hugo.

E así foi a xornada deste finde dos peques, e así a contamos