Namentres, moitos dos xuveniles participaron no encontro que xogou o senior en Lalín, así que vexamos que tal lles foi.
SENIOR MASCULINO
3eira Zonal B, Santiago
BASKET DEZA - TIENDAS PILLADOS CBPS 28 - 59
Polo conquistador do Deza Bule
O Tiendas Pillados CBPS de Bule e Juan presentábase en Lalín con 4 seniors e 6 xuveniles debido a lesións, viaxes e outras incidencias que asolan o equipo dos maiores.
- Entón, saíndo en Silleda aforras cartos? |
Se a iso lle engadimos que, historicamente, o Deza é mal territorio para os sonenses, que sempre saíron escaldados, a falta de calefacción, das súas visitas ao pavillón municpal lalinense, pois a cousa non pintaba ben.
Dis ti. |
Sen embargo, o Lalín 2017/2018 é un equipo moi frouxo (0-7 na clasificación), que pouco ten que ver co correoso rival das tempadas anteriores. Salvo pola presenza dalgún veterano, cuxo comportamento na pista deixa moito que desexar (a veces unha retirada a tempo é unha vitoria. Ou polo menos deixar de facer o ridículo, con risco de lesionar a rapaces que só queren xogar ao baloncesto).
Jesús, que cruz! |
O partido non tivo historia, os homes do Tiendas Pillados CBPS coleron vantaxe rapidamente e nunca deixaron de dominar claramente no electrónico. A nivel de xogo, pouco que dicir, non é doado xogar con intensidade nestas situacións.
Dominio |
Total, 4 vitoria seguida e a pórse as pilas xa que o sábado, 20h no Santa Irene de Porto do Son, ven un A.D. Fontiñas sempre correoso.
Xogaron: Fernán, Castelao. Chi, David, Pablo, Alfonso, Asier, Javi, Serxo e Baloko Ghrande.
A Galería de fotos de Uxío sobre este partido, AQUÍ