mércores, 29 de novembro de 2017

A Xornada d@s median@s

Desta volta, descansaba o cadete A NOSA RÍA CBPS, non porque estaban cansados, que poderían cansarse máis na cancha, senón porque tocaba. Vexamos como lles foi ao resto.

INFANTIL FEMININO
Liga zonal de Santiago
C.B. NOIA - PESCADOS BORMAR CBPS 22 - 49
Polo coach pai Jose


Gran ambiente na grada con siareir@s entregad@s animando sen tregua ós dous equipos.

Tras un arranque algo atrancado do Pescador Bormar CBPS, no segundo cuarto, e gracias ó sacrificio das nosas en boas defensas, conseguimos unha vantaxe no marcador que nos permitiu xogar novos sistemas de ataque ensaiados nos adestramentos.

Ataque contra defensa


No último cuarto, as noiesas, que seguían loitando e presionando a saída do balón, conseguiron varios roubos e canastras doadas, facendo que se achegaran no tanteo.

Pista conquistada


Hai que traballar mellor a defensa das liñas de pase e as axudas das defensas das xogadoras que quedan soas cando as nosas compañeiras saltan o 2x1 ou son rebasadas para non permitir a penetración a canastra. No ataque debemos ler mellor os espazos xogando sen balón, facendo sitio para xogar o 1x1 e esperar a que os cortes cheguen a ocupar o seu lugar antes de comezar o seguinte movemento.

Vamos Pescados Bormar CBPS, hai que seguir traballando e mellorando!

Iso, vamos que aquí xa estivemos

Xogaron: Cayetana, Antía, Martina, Carla, Sabela, María, Xiana, Andrea, Paula e Valeria.

INFANTIL MASCULINO
Liga Zonal de Santiago
PACO'S MODA CBPS - PELETEIRO 54 - 66
Polo coach perde fichas Mozan


Moi bo partido do Paco´s Moda CBPS fronte a un dos cocos da liga. En ningún momento lle perderon a cara nosa "selección" de infantís e minibasket ó partido, que dominou en todo momento o equipo colexial con bo xogo en equipo e moi coral.

Doado non cho vou poñer, picheleiro!


O Paco´s Moda CBPS souberon "volver" unha e outra vez ó partido cando os santiagueses ameazaban con adquirir vantaxes xa moi contundentes no marcador. Só a mala execución dalgúns pases finais non lle permitiu finalizar varias e meritorias xogadas dos xogadores sen o balón, que estiveron moi prestos a castigar as boas axudas defensivas do rival.

'Scucha 2
 
Un partido, en definitiva, que fará reforzar o traballo e o estilo de xogo do Paco´s Moda CBPS cada día máis. E de novo sobresaínte a actuación dos nenos minibasket que cada día son máis infantís no seu xogo e saber estar no campo.


Gran pequeno equipo


Xogaron: Samu, Leo, Hugo, Álex, Manuel, Noe, Miguel, Martín, Lois e Alberto. 


CADETE FEMININO
Liga Zonal de Santiago
RÓTULOS AGEITOS CBPS - SANTA BAIA 48 - 59
Polo coach multifuncións Chi
 

Partido disputado na mañá do domingo onde o Rótulos Ageitos tentaba seguir ca dinámica gañadora nun partido que semellaba que sería igualado ata o fin.

Duelo en O.K. Trapa

Tralo primeiro cuarto, a distancia era mínima pero unha boa racha defensiva daba unha vantaxe de +7 puntos, aínda que os minutos finais do cuarto e á volta do descanso foron fatais. O Santa Baia remontaba e conseguía distanciarse con 9 puntos aproveitando os múltiples erros locais.


Intensidade

O Rótulos Ageitos tentou sen éxito remontar, posto que se conseguía reducir distancias pero os erros aparecían con máis frecuencia para castigar o esforzo local.

Quedamos sen balón

Xogaron: Sara P. , Anahí, Sara M., Rut, Carmen, Carla, Martina, Valeria e Andrea L. 
Foron baixa de última hora por enfermidade Elba e Melanie.


E así foi a nosa mirada sobre a xornada, e así a contamos