martes, 28 de novembro de 2017

A xornada das escolas

Nova xornada dos equipos dos máis peques do noso club. Descansaba o PORTOFINO CBPS, pero os outros suaban e xogaban. A ver que talles foi.

PREMINI MIXTO
Liga Zonal de Santiago

WE ROBOTS CBPS - SAN PELAYO 63-13
Polo coach non mira marcadores Chechu

Gran partido o xogado polo We Robots CBPS. O resultado é o de menos cando os rapaces poñen todo da súa parte e isto foi o que ocurriu este sábado no pavillón Restollal de Santiago.

Y mi palabra es la ley...

Sen erros defensivos, o xogo en ataque foi moi alegre e veloz e todos os integrantes do We Robots CBPS tiraron a canastra.

Relax que xa entrou

Destacar o esforzo de tod@s pero en especial o de Lois, cun gran traballo no rebote e na anotación.

Oh que rollo, vámonos que aquí xa estivemos
 
Xogaron: Brais, Óscar, Lois, Martiño, Lucas, Lía, Xiana, Marcela e Iker.

E.D. NEGREIRA CBPS - BASKET DEZA 2 - 52
Polo coach profeta na súa terra Jose

Tras o debut a semana pasada do E. D. Negreira CBPS, neste partido levamos unha palada de area ó recibir un duro castigo contra un equipo máis forte físicamente.

Ísto é quentar e non o reggaeton


Concedemos moitos contraataques do equipo do Deza ó no ser quen de superar a presión da súa defensa. En defensa debemos centrarnos en fixar o noso xogador e non deixalo recibir con facilidade.

Ai mimá que estou rodeado!
Cando levamos o balón no ataque, temos que intentar chegar ata a canastra sen coller o balón e non ter medo a que nolo rouben.

Ná, hoxe non sae


Como de todo se aprende, o E. D. Negreira CBPS saca unha boa lección desta derrota e seguiremos xogando con ilusión o seguinte partido.




Tantos nun lado, tan poucos noutro

Xogaron: Carmen, Ana, Paula, Nico, Ínigo, Nicolás, Nacho, Hugo B., Hugo Q. e Miguel 

MINI FEMININO
Liga galega
BODEGÓN PESCADOR / EXCAVACIÓNS DARÍO CBPS - SIGALTEC 26 - 42
Polo coach berrinchiños Beiro


E por fin chegou o día no que por primeira vez o Bodegón Pescador/Excavacións Darío CBPS puido xogar un partido co equipo ó completo.

Vida no exterior


O partido foi controlado e dominado polo equipo vilargarciano dende o principio, aínda que sen alcanzar diferenzas excesivas no marcador. Mostráronse como un rival moi superior físicamente ó Bodegón Pescador/Excavacións Darío CBPS, gracias ó cal dominaron con moita claridade o rebote de ataque e sorprendéronnos con algúns contraataques.

Complicacións

A partir de estas rentas obtidas durante os tres primeiros períodos xa foi todo moito máis igualado e disputado, tanto no xogo como nos parciais.


Pase ao corte

De novo o Bodegón Pescador/Excavacións Darío CBPS demostrou que é capaz de competir máis ou menos ben, como ven sendo a tónica habitual nesta tempada.


Ai que non chegamos

Só queda apretar os dentes, calzar as zapas de basket e adestrar máis duro para enderezar o rumbo.


Toca que erguerse de novo


Xogaron:  Isabela, Lucia, Iria, Paula Fernandez, Candela, Paula , Carla, Sara, Noa, Cristina, Maria e Marta.


MINI MASCULINO
Liga zonal de Santiago

ALUMINIOS BORO CBPS - ENSEÑANZA 33-49
Polo coach pé escarallado Álex

Comezou moi ben o partido o Aluminios Boro CBPS, xogando bos 1x1 e cunha defensa a toda a pista.

Deixade de mover que me liades

Nos primeiros cuartos fixemos varias recuperacións na presión. Chegamos ó cuarto período cunha desvantaxe mínima de 4 puntos. Erros na saída do balón e despistes na defensa en estático fixo que o Aluminios Boro CBPS quedase a 15 puntos do Enseñanza.


Mimá, este non me solta nin para mirar a bóla!

Acabamos o partido cun bo sabor de boca, xa que gañamos o último cuarto e marchamos coa sensación de poder gañar o partido.


Tira que ti mellor que a min non me deixan.

Xogaron: Álex, Samu, Leo, Celso, Manu, Roi, Óscar, Jacobo, Hugo, Jaime, Pablo e Álvaro.

E así foi a nosa mirada sobre a xornada, e así a contamos