venres, 17 de novembro de 2017

A xornada d@s median@s

Descansaban as rapazas do infantil feminino Pescados Bormar CBPS mentres @s outr@s sudaban.
Vexamos que tal lles foi

INFANTIL MASCULINO
Liga zonal de Santiago 
LA SALLE - PACO'S MODA CBPS 39-51
Polo pluriempregado Mozan

Unha boa saída do Paco´s Moda CBPS. Ideas de xogo moi claras e unha boa defensa permitiron dominar o xogo e o marcador durante os dous primeiros cuartos, con vantaxes máis ou menos significativas.


Triple

A saída do terceiro cuarto, e todo o periodo en xeral, foi onde o Paco´s Moda CBPS estivo máis desorientado en ataque e cun mal balance defensivo. Isto permitiu que o rival recortase a diferenza no marcador pero sen chegar nunca a baixar da barreira dos 10 puntos.

Definición

As descalificacións de Manuel e Samuel (primeiro e inicio do cuarto periodo, respetivamente) foi unha excelente oportunidade para que os xogadores do equipo mini, catro en total, adquirisen experiencia nun partido de categoría superior. Todos eles souberon dar a talla, tanto en ataque como en defensa.

O vello sabio e os tres pequenos besbellos.

Xogaron: Álex, Samuel, Leo y Hugo ( Mini Basket) Noe, Miguel, Lois y Alberto.


CADETE FEMININO 
Liga zonal de Santiago
LA SALLE - RÓTULOS AGEITOS CBPS 37-40
Polo allenatore Chi


Chegaba o Rótulos Ageitos CBPS con ganas de acadar unha nova vitoria para o seu casilleiro, e dende o primeiro momento na pista víase que sería un encontro igualado.

Esperando turno.

Adiantaríase no marcador o equipo sonense pero non por moito tempo. Un par de contraataques e faltas con tiros darían a posibilidade ao equipo local de poñerse por diante e abrir distancias, que o Rótulos Ageitos CBPS sería quen de recortar cando a intensidade defensiva aumentaba.

Ta Duro O Asunto

O segundo cuarto sería máis do mesmo pero unha serie de erros na subida de balón fixo que o equipo de La Salle chegase a ter unha máxima diferencia de 10 puntos.

Logo do descanso o partido foi outro. As xogadoras santiaguesas non eran quen de superar a presión defensiva das sonenses e tampouco paralas cando atacaban. Isto o que provocou foi que cambiasen as tornas no marcador e pecharse así unha nova victoria. 

Ghasolina

Cabe destacar a labor defensiva do Rótulos Ageitos CBPS nesta segunda parte, onde só encaixaron 10 puntos entre os 2 cuartos.

Xogaron: Sara P., Carmen, Sara M., Carla, Rut, Melanie, Anahí, Martina, Valeria, Mariña, Sabela e Andrea L.


CADETE MASCULINO
Liga zonal de Santiago
PARRILLADA A NOSA RÍA CBPS- ROSALÍA 50-61

Visitaba ó Parrillada A Nosa Ría CBPS un bo equipo como o Rosalía, de Santiago, que saiu moito máis enchufado e no minuto 3 xa tiña unha vantaxe de 2-12 no marcador.

Ganchismo

Despois dun tempo morto reaccionou o Parrillada A Nosa Ría CBPS, que voltou moito máis agresivo en defensa e organizados en ataque deixando a diferenza en 5 puntos ó rematar o cuarto.

Reaccionando

Nos seguintes cuartos ningún equipo foi capaz de impoñer o seu xogo e as diferenzas oscilaban entre os 3 e 10 puntos. 

No último cuarto varios balóns perdidos do Parrillada A Nosa Ría CBPS permitiron ós santiagueses levar a vitoria.

Taponados

Xogaron: Abel, Adrián Armental, Adrián Arasa, Andrés, Isaac, Noel, Fran, Martín Pinalla, Iván, Roi e Denis.

Así foi a xornada d@s median@s e así a contamos.