venres, 17 de novembro de 2017

A xornada dos pequen@s

Debut das ligas federativas das FEGABA e XOGADE, non foi sen tempo, coa desilución para o We Robots CBPS de ver como a federación anulaba o se partido por erro organizativo.
Cos nervios lóxicos, así lles foi ao exército verde polas canchas de Santiago, Trapa e Santa Irene


PREMINI 
2da división zonal, Santiago
RESTAURANTE PORTOFINO CBPS - GALOGRIN  57-32
Polo adestrador Luky


Debut en competición FEGABA do Restaurante Portofino CBPS
 
Fin do arresto

Comezamos o partido moi dubitativos pero os rapaces reaccionaron e pronto empezaron a atacar a canastra e  a defender duro, rematando o primeiro cuarto 2 puntos abaixo. En todos os cuartos o parcial caeu do noso lado, destacando o 17-2 do último cuarto.
Así, vale, pero non será mellor xogar alí?

Bo partido do Restaurante Portofino CBPS, que foron mellorando todos os aspectos do xogo, sobre todo en defensa. Anotaron prácticamente todos os xogadores. Subliñar o debut de Brais, que sendo de categoría baby, en ningún momento se arrugou e defendeu con coraxe e boa colocación.

Máis aló do resultado, quedámonos co espíritu de loita e de xogo en equipo.

Pasalo ben si pero ghañamos.

Xogaron: Daniela, Iago, José, Brais, Alex, Dani Ribeira, Dani Nebra, Alexo e Julia

PREMINI 
Liga XOGADE
ESCOLA BALONCESTO LOUSAME- CB RIANXO 35-49
Polo adestrador Juan Filgueiras

Primeiro partido para Escola de Baloncesto Lousame fronte o CB Rianxo, que trouxo consigo as primeiras emocións, primeiras canastras e primeiros erros...

Un encontro con moitas aprendizaxes, onde os nenos foron de menos a máis. A pesar de que levan pouco tempo de adestramentos, puidéronse ver moitos detalles técnicos traballados ó longo destas semanas.


MINI FEMININO
Liga Galega
BODEGÓN O PESCADOR-EXCAVACIÓNS DARÍO CBPS - PÍO XII 30-36
Polo adestrador Mozan 
Durante o transcurso da temporada sempre hai un ou dous partidos nos cales o desacerto é a tónica dominante, e isto foi o que lle aconteceu ó Bodegón O Pescador- Excavacións Darío CBPS. Perdéronse un sin fin de balóns, houbo erros nas entradas a canastra e fallos defensivos difícilmente explicables.

Folla en branco

Pero non por todo isto debe o Bodegón O Pescador- Excavacións Darío CBPS deixar que se traduza nunha falta de rigor e disciplina á hora de poñer en práctica o adestrado. Precipitarse para tratar de endereitar o rumbo non é unha boa idea. Ás veces querer resolver o desaguisado de forma individualista non é a solución.



A Brecha

Bodegón O Pescador- Excavacións Darío CBPS debe tomar este partido como unha lección máis, unha ensinanza que fará mellor ó equipo. Tirando de refraneiro só queda dicir que NON TROPEZAREMOS DÚAS VECES COA MESMA PEDRA.


Retirada.

Xogaron:, Sara, Paula Fernandez, Lucia, Maria, Carla, Iria, Noa, Marta, Paula y Candela. Fueron baja por lesión Cristina e Isabela.


MINI MASCULINO
2da división zonal, Santiago
ALUMINIOS BORO CBPS - OBRADOIRO CAB 19 - 62
Polo adestrador debutante Álex

Para o seu debut, o Aluminios Boro CBPS atopouse cun gran rival que dominou o partido dende o principio. 
Mini Sospeitosos Habituais
Facendo valer  o seu xogo interior e cargando moito no rebote ofensivo, o equipo santiagués do noso compañeiro Pío Furelos non deixou opcións algunha. 
Consello
Aos homiños de Álex custoulles moito adaptarse a unha pista tan grande e non conseguiron entrar na dinámica do partido. 
Buenoló.
Cabe salientar a incorporación ao ALuminios Boro CBPS de Jacobo e Óscar, xogadores do ANPA de Outes.
 
Xogaron: Alex, Samu, Leo, Jaime, Roi, Manu, Pablo, Óscar, Jacobo e Hugo.


E así foi a xornada dos peques, e así a contamos.