xoves, 19 de outubro de 2017

A crónica da xornada

Este finde semana pasado dous dos nosos equipos tiveron participación nas súas respectivas ligas.
Pese á sorte esquiva nos marcadores, queremos recalcar a importancia do partido das mini femininas do equipo Bodegón O Pescador - Excavacións Darío CBPS, primeiro equipo do noso club en xogar na máxima categoría da Liga Galega. Noraboa a todas, sodes historia!

MINI FEMININO
Liga galega
C.L.B. CORTEGADA - BODEGÓN O PESCADOR EXCAVACIÓNS DARÍO CBPS 44-36

Por un emociado Javi Beiro


Noa, Paula, Sara, Carla, Cristina, Iria, Lucía, Isabela, María e Candela xa forman parte da pequena historia do noso club, ao ser as primeiras en disputar un partido de liga galega representando a Porto do Son. Tamen lembrar a capitana Marta Maneiro que foi baixa por lesión e acudiu a ver as suas compañeiras e a Paula Fernández que non pudo acudir ao partido por encontrarse fóra.

Un novo horizonte
Primeiro partido, que levou ao Bodegón O Pescador Excavacións Darío CBPS a visitar a cancha do Sigaltec BBC, un clásico da categoría.

O partido comenzou con moitos erros e precipitacións polas nosas xogadoras que quizáis acusaron os nervios do primeiro partido as levaron a encaixar un 11-2 no primeiro cuarto ademáis de sufrir a lesión de Cristina que torceu un tobillo e será baixa uns días, no segundo e no terceiro as cousas foron cambiando pouco a pouco, apretouse en defensa, xogouse mellor as situacións de ataque para que se chegase ao descanso cun 23-22 para as locais.

A Batalla

O partido endureceuse na segunda parte, convertiuse nun toma e daca, as nosas foron aguantando e incluso mediado o quinto cuarto se puxeron por diante no  marcador cun 30-31, ai o adestrador do Sigaltec solicitou tempo morto e conseguiu a reacción das súas mentres que as sonenses viron cortado o ritmo e voltaron despistadas a cancha o que as fixo encaixar un parcial de 13-0 nos minutos finais do quinto cuarto.

No último periodo o equipo patrocinado polo Bodegón O Pescador Excavacións Darío CBPS tentou a remontada pero entre o cansancio, as faltas e as precipitacións so puideron aproximarse ata os 8 puntos que foi a diferencia final, 44-36.

A Retirada

Bó debut das nosas, que unha vez soltados os nervios do primeiro partido deben ir a máis nos entrenos e nos partidos.


SENIOR MASCULINO
3eira zonal B
C.B. AMES - TIENDAS PILLADOS CBPS 75 - 69
Polo adestrador Bule


Tocáballe ao Tiendas Pillados CBPS este domingo visitar a cancha do C.B. Ames para un novo encontro entre dous clásicos da categoría.
O equipo sonense presentábase con algunha baixa importante e tivo de novo que recurrir a súa lexión de xuveniles.

Espacios
 O principio do encontro foi calcado ao da semana pasada, cun CBPS que se atopaba cómodo na cancha e que dominaba claramente no marcador grazas ao seu xogo colectivo. De feito, pronto se acadou unha vantaxe de máis de 10 puntos que se mantivo hasta os 3 últimos minutos da segunda parte, momento no cal o local entrou en racha e cun parcial de 8-0 conseguiu chegar ao descanso con tan só 4 puntos de desvantaxe e mundo por xogar.
O terceiro cuarto foi moi igualado e entrouse no derradeiro periodo con esa vantaxe mínima para o Tiendas Pillados CBPS.

A Resposta

Os 3 primeiros minutos deste cuarto marcaron o devenir do partido: de novo, o CB Ames lle endosaba un parcial de 9-0 aos sonenses, froito dos nervios e dalgunha mala decisión, que á postre resultou decisivo. Nunca máis o equipo visitante conseguiu retomar o mando no marcador, acabando a unha distancia de 6 puntos ao remate do mesmo, 75-69.
Sin Resposta

Foi unha mágoa pero o equipo deixou boas sensacións en moitos momentos do encontro. E ese será o camiñoa a seguir.

Xogaron; Mario, Fernan, Maki, Alex, Caste, David, Iago, Brais, Pablo, Asier, Serxo, Baloko.

Este fin de semana, sábado ás 20h no David Vidal Arena, Portosín, derbi contra C.B. Riveira que chega tamén cunha vitoria e unha derrota. Agárdase ambientazo.