mércores, 25 de outubro de 2017

A crónica da xornada.

A falta dos preminis e do mini masculino, que xogaron encontros amistosos mentras agardan polo inicio das súas ligas, pistoletazo de saída para a maioría ds equipos do noso club.

Nesta xornada con 7 partidos oficiais e 2 amistosos como local, queremos agradecerlle a toda a xente do concello do Son, de Noia, da Serra de Outes, de Ribeira, de Santiago que encheu tanto o Santa Irene o sábado coma Trapa o domingo para ver baloncesto e apoiar os seus. Non sabedes o que iso representa para toda esta xente do club que traballa día a día para isto. Moitas grazas de corazón e volvede!)

A Parroquia

A xornada desta volta a competición tras unha looooonga espera deparou de todo, como era de agardar.
Para disfrutar desta variedade de sensacións, deixemos que os nosos adestradores conten como foron os partidos dos seus equipos.

AMISTOSOS
PREMINI

Triangular preminibasket en Porto do Son entre o RESTAURANTE PORTOFINO CBPS , WE ROBOTS CBPS e ESCOLA DE BALONCESTO NEGREIRA CBPS.

Ba-lon-ces-to


Os encontros foron de 20 minutos cada un. Na pista sonense produciase o debut da Escola de Baloncesto de Negreira CBPS que o noso club puxo en marcha grazas ao apoio do Concello de Negreira.

Patróns e mariñeiros

Foi un día moi especial para moitos e moitas dos nenos e nenas presentes pois xogaban o seu primeiro encontro.

Caras dunha mesma moeda

O resultado moi positivo máis de 30 preminis ante un.graderío que disfrutaba co festival de canastras de todos os equipos.

MINI
ALUMINIOS BORO CBPS - ANPA OUTES
Polo Coach Álex

O equipo mini masculino do Aluminios Boro CBPS dominou o partido desde o minuto un ante un equipo da serra de Outes, o ANPA Outes que xogaba o seu primeiro partido da súa curta existencia.

Competición

O equipo destacou polos numerosos roubos de balóns e por rápidos contrataques.
Ao longo do partido intentamos facer ataques máis longos con moita circulación de balón.

Transmisión

Foi un bo comezo para o mini masculino e lle desexamos sorte e baloncesto aos nosos novos rivais. Benvidos ao mundo do baloncesto, rapaces!

Xogaron; Jaime, Pablo, Hugo, Manu, Leo, Alex, Samu, Celso, Álvaro e Roi.

A Fila

MINI FEMININO
Liga Galega
BODEGÓN O PESCADOR-EXCAVACIÓNS DARÍO CBPS - PELETEIRO 58 - 32

Polo enfático Javi Beiro

Sábado ás 18h, esa era a hora fixada para un partido histórico do Club Baloncesto Porto do Son, o primeiro partido en liga galega como locais.

Libre

Cunha boa afluencia de público, as locais do Bodegón O Pescador Excavacións Darío CBPS saíron arrolladoras e sentenciaron o partido nun primeiro cuarto que rematou cun parcial de 19-2, tras aplicar unha defensa moi presionante sobre o rival que permitiu moitos roubos de balón e canastas ao contraataque sin oposición. Unha gran circulación de balón fixo que todas tiveran situacións de tiro cómodas e que todas anotasen neste primeiro cuarto.

A Trampa

O segundo cuarto, a intensidade defensiva non baixou pero en ataque xa non atopaban tantas facilidades polo que a vantaxe non se incrementou demasiado, o que si farían no terceiro cuarto que levounas a chegar ao descanso cun marcador de 37-8 tras moi bos minutos de xogo.

Tralo descanso chegou a relaxación, sobre todo en defensa, e en especial no 5º cuarto, onde as locais baixaron o seu nivel de esforzo e permitiron canastas doadas das rivais que mostraron moito orgullo e nunca lle perderon a cara ao partido.

Numeroloxía

O último cuarto sirveu para que todas as xogadoras do Bodegón O Pescador Excavacións Darío CBPS saltasen a pista e disfrutasen de un día grande para o noso club, quedando o marcador final nun resultado de 58-32.
'Scucha.
O martes a continuar adestrando e a preparar o prximo partido onde hai que intentar ser máis constantes no esforzo.

Xogaron: Carla, Candela, Sara, María, Marta, Paula Castro, Paula Fdez, Noa Iglesias, Isabela e Lucía.
Faltaron Cristina que acudiu  ver o partido en muletas polo seu esguince de tobillo e Iria.


INFANTIL FEMININO
Liga Zonal de Santiago
PESCADOS BORMAR CBPS - COMPAÑÍA DE MARÍA 60 - 43
Polo Coach Mozan

Primeiro partido de liga do noso equipo infantil Pescados Bormar CBPS fronte a Compañía De María.

Tráfico na pista
Boa posta en acción das nosas xogadoras que lles permitiu adiantarse no marcador. Co transcurso dos minutos, un bó Compañía foi igualando o marcador e o xogo. O máis preocupante era a acumulación de faltas dalgunhas das nosas xogadoras.


De volta dos vestuarios, o partido transcurriu con máxima igualdade tanto no xogo como no marcador e tan só o aumento do número de faltas personais, afectando a moitas xogadoras, seguía sendo o principal problema das locais.

Aguantando

 
Nos minutos finais, cando a situación era de máxima tensión, as rapazas do Pescados Bormar CBPS conseguiron encadenar tres bós contraataques que sentenciaron o partido; canastas froito do bó xogo a rachas e canastas "de corazón" que tamén son moi importantes e deben de ser unha seña de identidade do Club.

Rompendo

Xogaron: Carla, Noa Filgueira , Paula, Xiana, Cayetana , Martina, Valeria, Andrea,  Sabela, Mariña e Noa Iglesias

INFANTIL MASCULINO
Liga zonal de Santiago
PACO'S MODA CBPS - A.D. FONTIÑAS 53 - 19
Polo Coach Mozan

Primeiro partido correspondiente á liga regular do noso equipo Infantil Paco's Moda CBPS fronte á A.D. Fontiñas.

Fin da espera

Cunha boa posta en escea, culminando un bon número de contraataques, o partido foi dende o principio favorable aos nosos intereses.

En bandexa

Unha vez conseguida unha boa marxe de maniobra, o equipo tratou de xogar máis a media pista para ir pouco a pouco interiorizando conceptos e normas de xogo delataque.

O espazo exterior

Destacar que disputaron un bó número de minutos Samu, un xogador de mini básquet de primeiro año, que serviu un par de asistencias moi meritorias ao seus compañeiros. E tamén debutou Álex, tamén mini de primeiro ano que conseguiu facer unha canasta despois dunha moi boa porta atrás.
O elevado número de asistencias finais reflexan a xenerosidade de todolos xogadores do equipo.

En definitiva un moi bó partido do Paco's Moda CBPS que nos axuda en afianzar conceptos de xogo e reforza o gran traballo semanal de todo o equipo.

Dobre dimensión

Xogaron; Samu, Álex, Raul, Borja, Alberto, Lois, Martín, Miguel, Noel, Victor. Foron baixa por lesión Henok e Ismael.

Este partido foi esplédidamente fotografiado por Natalia Agraso Fábregas. AQUÍ podedes atopar a glaría de fotos deste encontro

CADETE FEMININO 
Liga zonal de Santiago
RÓTULOS AGEITOS CBPS - COMPAÑÍA DE MARÍA 29 - 67
Polo Coach debutante Jose

Primeiro partido do ano para o Rótulos Ageitos CBPS no que os nervios e o poderío físico das rivais fixeron mella na moral das nosas xogadoras cun 4 - 17 de parcial no primeiro cuarto.

Pausa

No segundo cuarto, cun parcial de 10 - 15, foi o noso mellor tanteo, aínda que non o mellor en canto a xogo xogo.
No terceiro e no cuarto tempo o Rótulos Ageitos CBPS xogou mellor, aínda que non tivese premio no marcador, realizando algún contraataque como os que estamos a practicar nos adestramentos e tamén nos saíron xogadas do sistema que traballamos.


O Corte

Pese ao resultado, seguiremos traballando e mellorando no xogo e perdendo os medos e nervios.
Ánimo rapazas! Sodes un equipazo!

Xogaron: Sara P., Sara M., Carmen, Anahí, Rut, Carla e as infantís convocadas; Martina, Andrea, Valeria e Sabela.

CADETE MASCULINO
Liga zonal de Santiago
PARRILLADA A NOSA RÍA CBPS - LASALLE 30 - 54
Polo Coach "parco en palabras" David 

Debutaba o Parrillada A Nosa Ría CBPS diante do seus seareiros fronte a un clásico coma LaSalle.


A Tropa
A nivel de xogo colectivo, o resultado foi aceptábel, máis tendo en conta as baixas. O balón circulaba ben e cando o quinteto en pista era disciplinado case sempre conseguia boas posicións de tiro.
Meter eses tiros xa é outro asunto pero todos sabemos que a puntería non é ciencia exacta. De feito, moitos erros nas finalizacións, ademáis dos 17 tiros libres errados, non perdonan contra un rival máis certeiro.

Sorte esquiva

Outro dos aspectos no que os xogadores do Parrillada A Nosa Ría CBPS deben de traballar é o tema dos rebotes. É unha faceta fundamental neste deporte, a de negarlle oportunidades de ataque extras ao equipo rival. Cando non tes este apartado controlado, a vitoria é pouco máis que utópica.

Inmovilismo exterior

Derrota pois pero con aspectos positivos. E isto non fai máis que comenzar, así que toca seguir entrenando ben para que este traballo se vexa reflexado no marcador.

Unión

Xogaron; Adrián Arasa, Adrián Armental, Abel, Denís, Isaac, Noel, Iván Rivadulla, Iván Pinaya, Roi e Martín.

XUVENIL MASCULINO
Liga Zonal de Santiago
FISIOTERAPIA CINESIA CBPS - OBRADOIRO CAB CENOR 61 - 37
Polo Coach Broncas Filgueiras


Primeiro encontro do xuvenil masculino Fisioterapia Cinesia CBPS presentábase ante a nosa numerosa afición cun total de 5 baixas. E enfronte tiñan a un Obradoiro CAB canteira dun equipo ACB. Nada máis nin nada menos.

Escasez
Para completar o plantel o dúo dinámico Filgueiras - Boule convocaban a 5 cadetes, moitos deles de primeiro ano.

Os nosos juniors deron o do de peito e cunha moi boa actitude en.defensa rapidamente collían vantaxe no marcador. Esa diferenza inicial foi crave para o devenir do partido.

Controlado
As rotacións de xogadores foron constantes e todos cumpliron o seu traballo a perfección.
Iso si, o equipo debe de mellorar as perdas de balons, as finalizacións e botar menos para realizar transicións máis rápidas.

Xuveno-cadetismo

Na próxima semana, o Fisioterapia Cinesia CBPS visita a pista do Peleteiro.

Xogaron; Asier, Fernan, Alfonso, Iannis, David, Adrián Ageitos, Adrián Armental, Martín, Abel e Pinaya.

SENIOR MASCULINO
Liga zonal de Santiago 3eira división B
TIENDAS PILLADOS CBPS - C.B. RIBEIRA 48 - 60
Polo acompañante Bule

Tarde noite de derbi nun pavillón de Santa Irene con moitísima xente local e ribeirenses que se achegaron para vivir en situ este enfrontamento inédito nesta categoría.
Neste ambiente festivo presentouse o Tiendas Pillados CBPS con moitas baixas tanto nos seniors coma nos xuveniles e con tan só 8 fichas cubertas. O rival tamén viña en número reducido así que non había excusa por ambos lados.

Palabras

O equipo local entrou no partido moi frío e aí estivo a súa tumba; nun cuarto desenfrenado, con moito acerto, moita intensidade e moi fortes no rebote ofensivo, o equipo ribeirense parecía arrasr un desanxelado equipo sonense. Chegouse ao final dos primeiros 10 minutos cun 14 - 24 que non deixaba boas sensacións.

Nembargantes, cando os sonenses lograron serenarse e xogar con cabeza e intensidade atrás, o partido deixou de ter claro cor visitante para entrar nunha zoa de claros-escuros. As marxes movéronse o resto dos periodos constantemente entre 6-10 puntos, sin que o Tiendas Pillados CBPS conseguise entrar nese momento doce que che permite pillar unha boa racha e remontar un partido.

Ao remate, 12 puntos e a sensación de que o noso equipo non acaba de arrancar. Domingo, ás 12h, en Santa Irene, nova proba fronte a un Milladoiro XL que ven nun bó momento. Tempo de seguir coas dúbidas ou de apartalas por 40 minutos.


Quimeras

Xogaron; Fernan, Álex, Beny, Pablo, Asier, David, Baloko e David. 

E esta foi a mirada CBPS sobre a xornada, e así a contamos.

Todalas fotos que nos mandástedes vía whatsapp están disponibles neste enlace, AQUÍ
Grazas a todas e todos pola vosa colaboración!