mércores, 20 de setembro de 2017

A xornada das previas

Nova xornada de previas á Liga galega que, aínda que non se reflexara nos marcadores finais, viron como os distintos equipos do CBPS implicados melloraron moito en competitividade.
Imos ver como lles foi, contado polos seus protagonistas.

INFANTIL FEMININO
PESCADOS BORMAR CBPS - BASQUET CORUÑA 31 - 52
Polo coach Mozan

Derrota do equipo infantil Pescados Bormar CBPS por 31 a 52 fronte a un Basquet Coruña moi agresivo na súa defensa e que, froito diso, conseguiu facerse co control do partido tanto tecnica e tacticamente coma mentalmente.

As nosas xogadoras no foron capaces de igualar esa intensidade no xogo. En consecuencia,en ningún momento pudimos facer o xogo que pretendíamos en ataque, perdendo un número excesivo de balóns.
Ficará coma ensinanzas deste partido que hai que igualar o nivel de intensidade do rival para poder competir de ti a ti con el e que, mentalmente, debemos concentrarnos só naquilo que depende de nós, e non noutras cuestións referentes ao que faga o equipo contrario no seu xogo. 

De todos xeitos, tratouse de unha valiosa lección para as rapazas do equipo Pescados Bormar CBPS  que debemos asimilar e entender a pesare da xuventude das xogadoras desta categoría.
Xogaron por parte do Pescados Bormar CBPS; Mariña, Valeria, Martina, Noa, Cayetana, María, Andrea, Carla, Xiana e Sabela.

INFANTIL MASCULINO
C.B. NARÓN - PACO'S MODA CBPS 85 - 40
Polo coach Mozan

Superioridade

Segundo partido correspondente á fase previa de ascenso á liga Galega xogado polo noso equipo Paco's Moda CBPS nas aforas de Ferrol, fronte a un rival xa coñecido, o C.B. Narón.

A derrota foi xusta fronte a un rival superior, pero cunha notábel melloría do equipo con respecto á semana pasada.

Densidade

O equipo sonense conseguiu ser moi rápido na fase de transición da defensa ao ataque, tanto tras rebote ou canastra recibida, e moito mellor colocado á hora de atacar. 
Defensivamente, no cinco contra cinco, os nosos rapaces estiveron mellor colocados, pero faltos de reacción para organizar e efectuar o balance defensivo coa suficiente rapidez.


Resignación

Por todas estas pequenas evolucións podemos dar por satisfactoria e enriquecedora  esta fase xogada polos novos xogadores do Paco's Moda CBPS. Todo isto, bóe malo, servirá seguro tamén como motivación para tratar de mellorar ao longo desta tempada que non fai máis que empezar.



O fin

Xogaron por parte do Paco's Moda CBPS; Isma, Noel, Henok, Manu, Miguel, Lois, Raúl, Borja, Samu e Martín. 


XUVENIL MASCULINO
C.B. O MECO - FISIOTERAPIA CINESIA CBPS 92 - 73
Polo coach Filgueiras


A igualdade

Orgullosos da derrota. Ese podería ser o titular desta crónica dun Fisioterapia Cinesia CBPS que xogou un autentico partidazo de baloncesto no Grove fronte ao equipo local do Meco, pese ás baixas de Iván e Adrián.


Disputa
 
Os sonense perderon na prórroga un partido onde chegaron a ter ata 3 opcións nos últimos segundos de gañar o encontro. Pero cando a pelota non quere entrar non se lle pode facer nada.


O Tiro Libre

Os rapaces de Juan e Bule foron un auténtico equipo onde todos aportaron moito para un xogo de equipo moi variado tacticamente a nivel ofensivo.

Elevación

A nivel defensivo, menos nos primeiros minutos do segundo cuarto no que non foron capaces de parar as transicións, o equipo estivo a gran nivel, destacando especialmente nas accións defensivas de axuda e recuperación. 

Transición

Tras levantar dúas veces unha desvantaxe de máis de 10 puntos en distintas fases so encontro, o Fisioterapia Cinesia CBPS chegou fisicamente roto á prórroga e con moitos eliminados, un handicap que marcou o final do encontro.
Na próxima semana despedimos a fase na nosa casa ante un histórico, o Ferrol CB.

Xogaron por parte do Fisioterapia Cinesia CBPS; Fernán, Toño, Caste, Iago, David, Alfonso, Ianis, Asier e Javi. 

Así foi a visión CBPS sobre a xornada, e así a contamos