venres, 21 de abril de 2017

SEMANA SANTA 2017

A Semana Santa 2017, unha vez máis, volveu a estar encherse de baloncesto.
Desta volta, tocou deixar descansar as pistas dos pavillóns David Vidal e Santa Irene e tocou subirse aos buses e coches para ir a Xixón, Baiona e Vilagarcía.

Resumir tantos partidos, tantas emocións, tantas lembrazas non é tarefa doada.
Están os amistosos de Xixón, grazas á labor de Juanto Lobeto, que incluso buscou alternativa cando se caeu un dos partidos a última hora, o Torneo de Baiona, onde as minis competiron coa crème do baloncesto feminino galego, a Vilgarcía Cup, cos trofeos de campións dos infantiles masculinos e xuveniles e os múltiples partidos dos máis pequenos.

E en cada viaxe, o orgullo de ver a xente do noso club, pequenas, pequenos, rapazas e rapaces, nais e pais, disfrutar destas experiencias xuntos, coma membros dunha mesma familia baloncestística.

Imos compartir a cantidade de fotos que quixéstedes compartir connosco. E están as galerías de Uxío, o noso fotógrafo amateur cuxa tarefa é impagábel.
En nome do CBPS, grazas de corazón a todas e todos que fixéstedes posíbel esta semana de baloncesto.
Aquí os deixamos a nosa pequena homenaxe.



As fotos,e algunha máis, e os videos empregados, (e unha copia HD do compartido)  AQUÍ 
Un millón de grazas a todas e todos os fotógrafos.
A galería de Uxío sobre Xixón, AQUÍ
A galería de Uxío sobre Vilagarcía, AQUÍ