INFANTIL FEMININO.
COMPAÑÍA DE MARÍA - PESCADOS BORMAR CBPS 34-37
Polo novelista Juan Trillo Chi
![]() |
Escoitando a palabra |
Vitoria sufrida nun mal encontro das xogadoras sonenses do Pescados Bormar CBPS.
Comezaba o partido cun 4-13 no marcador para as sonenses logo do primeiro cuarto, co cal asemellaba que podía ser un encontro doado e sen moitas complicacións, pero distaba moito do que estaría por vir.
![]() |
Descifrando a palabra |
O equipo santiagués xogou con maior intensidade defensiva e ofensiva nos seguintes cuartos, mentras que a relaxación no xogo das nosas xogadoras era algo que se facía cada vez máis patente. Estes factores fixeron que o equipo contrario recortase distancias nos dous seguintes cuartos, 11-8 e 10-4, chegando ao derradeiro cuarto con igualdade no marcador.
![]() |
Distintas, iguais. |
![]() |
Espíritu |
A falta de 2 minutos para o final, o equipo de Compañía conseguía poñerse por diante no marcador. A partires de ahí, a atitude das xogadoras do Pescados Bormar CBPS foi o de entrega 100% para dar volta a situación. Un par de defensas intensas e bo movemento do balón foron as cartas gañadoras para conseguir saír de Santiago cunha nova vitoria.
![]() |
A vitoria dende atrás |
Xogaron: Rut, Mariña, Valeria, Carmen, Martina, Andrea L., Melanie, Carla, Xiana, Noa e Olimpia.
Enlaces ás fotos que distan moito de ser as de Uxío pero aínda hai algunha chula, aquí.
INFANTIL MASCULINO
SANTA BAIA - PACO'S MODA CBPS
Polo parco en palabaras escritas Juan Filgueiras
![]() |
Entrando na batalla |
Encontro onde o Paco's Moda CBPS xogaron a medio gas.
Rapidamente, o equipo laranxa mostrouse claramente superior aos rapaces de Boiro.
![]() |
Velocidade |
![]() |
O reaxuste defensivo |
![]() |
A Escapada |
XUVENIL MASCULINO
FISIOTERAPIA CINESIA CBPS - C.B AMES 68-63
Polo peso pesado Bule
![]() |
Semper fidelis |
![]() |
Sonense esmagado, alegoría |
![]() |
Sonense noqueado, alegoría |
Cando chegou o descanso, o 21 - 47 do marcador non deixa dúbidas sobre o que sucedeu na pista.
![]() |
Sonense rodeado, alegoría |
![]() |
Segredos de vestuario, robado. |
E unha vez posto en hora o seu reloxo, os sonenses foron unha maquinaria imparábel para os amesáns. Paso a paso, defensa a defensa, o Fisioterapia Cinesia CBPS recurtou a súa desvantaxe.
![]() |
Renacimento |
![]() |
Poder |
![]() |
Alivio trala agonía |
Xogaron; Fernán, André, Castelao, Pablo, Baloko, Iván, Toño, Iago, David, Roi e Adrián.
A galería de fotos de Uxío, AQUÍ
SENIOR MASCULINO
C.A.B ARZÚA - TIENDAS PILLADOS CBPS 48-43
Polo chófer Bule
![]() |
Os últimos de Arzúa |
Trala decepción de non meterse na fase de ascenso polo basket average, ao Tiendas Pillados CBPS lles queda xogar uns partidos que non aportan nada, salvo ás arcas da FEGABA.
E para colmo, tocou viaxar a Arzúa este fin de semana.
Ante este sin sentido e a desbandada xeral, só podemos agradecerlle a Chi, Carlos, Serxio, o medio tocado David e o xuvenil Castelao o compromiso que amosaron co club indo xogar este partido. Grazas de corazón.
Do encontro, tan só dicir que o bocata post partido estivo caralludo.
![]() |
E así foi a nosa mirada sobre a xornada, e así a contamos. |