Son os derradeiros coletazos a unha tempada intensa, que nos conten os protagonistas que tal lles foi.
MINI FEMININO
ROSALÍA DE CASTRO - BODEGÓN O PESCADOR CBPS 21- 40
Polo adestrador Juan Filgueiras
A marea roxa de Roxos |
As influencias do torneo de Baiona e Vilagarcia víronse no encontro desta semana.
A Garra |
O ritmo de xogo do Bodegón O Pescador CBPS, a intensidade defensiva e, sobre todo, o xogo en equipo chegando a realizar transicións sin bote fixeron vibrar aos siareiros sonenses desprazados a Roxos.
A Chamada |
O final |
Un máis |
INFANTIL FEMININO
PESCADOS BORMAR CBPS - LA SALLE PROYDE 53 -40
Polo adestrador Juan Trillo, Chi
Transmisión |
O Xogo |
Tras un primeiro cuarto igualado, as xogadoras sonenses do Pescados Bormar CBPS acadarían unha vantaxe de 15 puntos no descanso e 25 puntos tralo terceiro cuarto.
A Subida |
No último cuarto, o cansancio e a intención de xogar un baloncesto máis elaborado e menos directo, xunto coa falla de concentración defensiva fixeron que a vantaxe se vira reducida aos 13 puntos finais.
Xogaron: Mariña, Martina, Carla, Melanie, Andrea L., Carmen, Andrea V., Rut, Valeria, Noa F. e Paula
A nosa luz |
CADETE FEMININO
CB RIBEIRA - RÓTULOS AGEITOS CBPS 28 - 47
Polo adestrador Juan Filgueiras
Partido igualado no marcador ata o descanso .
As sonenses do Rótulos Ageitos CBPS eran superiores no xogo pero non rompían o marcador.
Un inicio de terceiro cuarto cun parcial de 6-0 foi suficiente para xogar cómodas ata o final.
Cabe destacar o xogo contra a defensa en zona con balóns interiores e o gran partido de Ana.
Xogaron Ana, Laura, Sara, Sara M, María, Andrea L, Andrea V, Valeria, Mariña, Martiña, Carla e Melanie.
SENIORS MASCULINO
CB AMES - TIENDAS PILLADOS CBPS 51-56
Polo adestrador (!) Bule
O CB Ames ten a curiosa manía de rexeitar aprazamentos ou trocos de hora cando ten que xogar co Tiendas Pillados CBPS.
Por segunda vez este ano, o equipo senior do noso club tivo que ir xogar a Bertamiráns dirixido por alguén que non é o seu adestrador.
Se da outra volta fora Juanto Lobeto, desta tocoulle ao segundo Bule asumir esta responsabilidade.
Levar un equipo non é tarefa doada. Hai que fixarse en mil detalles, estar concentrado, motivar, correxir, elaborar un plan de xogo, levalo a cabo, pensar alternativas, ser capaz de transmitilas e un largo etc.
E pese a vitoria, prefiro que o fago outro máis preparado.
Xogaron; Alex, Fernán, Castelao, Chi, David jr, Carlos, Pablo, David, Serxio e MAki sen lombo pero de corpo presente.
TIENDAS PILLADOS CBPS - CB RIBADULLA 56-54
Polo axudante Bule.
Xa con adestrador competente, o Tiendas Pillados CBPS xogou o seu partido aprazado en Trapa o luns á noite. Normalmente a esas horas hai pachanga. Debeu de ser o ambiente.
A esta fase absurda quédalle un partido. Polo menos, pasámolo ben.
Xogaron; Castelao, Alex, Maki, Carlos, Baloko, David, Serxio, Pablo e Chi.
SENIOR FEMININO
TORNEO DE MARÍN
LONXA VELLA - GALI HOSTEL CBPS ON TOUR
EQUIPAZO Coach Moledo, Rosa, Inés, Chus, Sonia, Lorena (que me perdone) Rocío, Carmen, Desi, Olaia |
As nosas veteranas do Lonxa Vella-Gali Hostel CBPS colleron os coches e foron a Marín xogar a Marín contra as nais baloncestísticas locais, de O Grobe e Cangas. O resultado? Pois trouxeron trofeo para as vitrinas do club.
ADN |
Carácter CBPS |
A Lesión |
Mulleres |
E así foi nosa mirada sobre a xornada, e así a contamos |