luns, 8 de maio de 2017

DIFICILÍSIMA VICTORIA NO INICIO DA FASE DE ASCENSO

Era o primerio partido dunha fase de ascenso para o noso club.  E o Pacos Moda CBPS brindounos unha traballada victoria.

Esta a meto seguro.



Os sonense desplazaronse ata a difícil pista do Santiago Apostol de Naron aínda que non descoñecida para o seu adestrador debido a que creceu alí. O dato emotivo do encontro foi que ambos adestradores tiñan sido compañeiros de equipo durante moitos anos . Na grada algúns dos compañeiros daqueles anos que presenciaron o encontro e recordaron grandes logros nesa pista.

Pois eu de máis lonxe.




Entrando xa en materia.
Os adestradores Juan Filgueiras e David Suarez contaban con todos os seus rapaces agás Martin Calo.
Os adestradores antes do encontro advertían da dureza que o rival iba a amosar cun xogo con moito ritmo , defensa a toda pista e contrataques rápidos.

Os sonenses eran coñecedores que a súa debilidade era ser peores físicamente  e teriano que equilibrar xogando un baloncesto con moitos pases e buscando situacións de ventaxa no  1 contra 1.

No inicio do encontro o Naron marchábase cun 16_8 pero pouco a pouco os sonenses foron mellorando sobre todo o seu nivel defensivo e conseguían chegar ao descanso con 7 puntos de ventaxa.
No terceiro  periodo o Baloncesto Naron volveu a empatar o encontro e chegabase aos ultimos 10 minutos co electrónico a 41 iguais.

A calma no xogo e o bo facer colectivo levou aos sonenses a traer a victoria  a casa por un 51_61.

O público desprazado dende o Son  disfrutarou dun encontro moi emocionante.

De quen é o balón?


No proximo fin de semana os sonenses viaxan a lugo para medirse ao Estuduantes de Lugo. Noutra saída sen dubida dificilísima.

XOGARON: Noel, Fran, Niguel, Isma,Andrés, Victor, Adrián,Abel,Isaac,Henok e Martin Ogando.