xoves, 9 de marzo de 2017

RESUMO DA XORNADA

O BODEGÓN PESCADOR CAMPIÓN DA FASE REGULAR DA 2ª DIVISIÓN FEGABA DE SANTIAGO.
C.B. CLUNY 10 - BODEGÓN O PESCADOR 60
O pasado sábado ás 12:00 horas no polideportivo de Roxos xogaban as sonenses contra o C.B. Cluny .
Era o último encontro da fase regular e as nosas chegaban como campionas debido a que só perderan un encontro.
Neste último encontro as nosas rapazas realizaron un moi bo encontro con xogadas de moitos pases e movemento sen balón.
O resultado final foi de 10 a 60 para as sonenses.
O próximo dia 18 comezará a liguilla polo título contra Pio XII e Pelteiro.




O PACO´S MODA CBPS SEGUE INVICTO UNHA XORNADA MÁIS.
PACO´S MODA 57 - C.B. CLUNY 26
O equipo sonense desprazouse a Negreira para xogar o seu encontro coma local nunha xornada de captación en dita vila.
O rival era o CLUNY de Santiago. A priori un equipo cómodo pero na práctica opuso máis resistencia da esperada.
Os chicos do Paco´s Moda estiveron erráticos nos lanzamentos a canastra e moi brandos a nivel defensivo.
Esta próxima semana visitarán a pista do Compañía de María e de gañar serán matemáticamente campións de Liga e pasarán a disputar a fase de ascenso a Liga Galega.



RÓTULOS AGEITOS A ESPERA DO COMITÉ DE COMPETICIÓN

O equipo cadete xogaba un dos encontros máis esperados do ano pero o equuipo visitante chegou tarde ao encontro cando os colexiados xa tiñan pechado a acta.
As rapazas xogaron contra as da capital do Deza un encontro sen marcador e árbitros.




SEGUNDA VICTORIA DO FISIOTERAPIA CINESIA NESTA FASE DA LIGA.
FISIOTERAPIA CINESIA 78 -ROSALIA DE CASTRO 34
Oequipo junior suma a segunda victoria en dous encontros disputados. Esta vez foi o rosalia de Castro o seu rival.
Un moi bo inicio do sonenses cun xogo rápido e vistoso poñia un parcial de 15 -0 .
Todos os xogadores disfrutaron do mesmo número de minutos e o equipo non baixou o seu nivel agas a finais do segundo cuarto.
A intensidade no xogo e as transicións rápidas están dando o seu froito nos últimos enocntros.


O PESCADOS BORMAR NON FOI QUEN DE DERROTAR AO SANTA BAIA
PESCADOS BORMAR 32  - SANTA BAIA 60
As nosas rapazas do infantil feminino xogaban os cuartos de final do grupo de ascenso contra o Santa Baia.
O Santa Baia mostrouse máis intenso na pista cunha zona press na que as sonenses tropezaban unha e outra vez.
Na próxima semana as nosas visitarán Boiro para xogar o partido de volta dunha eliminatoria que se amosa moi complicada, pero no que o obxectivo e seguir aprendendo e mellorar día a día. Recordar que a maioría deste equipo o ano pasado perdía por 87- 0 contra este mesmo conxunnto e desta vez so foron 28 puntos de desventaxa.


XORNADA XOGADE

Os equipos mini e premini  : RESTAURANTE PORTOFINO , WE ROBOTS, EXCAVACIONES DARIO E RESTAURANTE O PORTO .
Disfrutaron dunha xornada en Boiro diante dos equipos do Santa Baia en todos os encontros vimos xogadas técnicas de moito nivel  por ambos clubes.
Todos os nenos e nenas seguen avanzando e disfrutando do noso deporte como se pode ver nas imaxes.








XORNADA CA ESCOLA DE LOUSAME

O venres realizamos a segunda xornada entre as escola do club DEPORTES HERMIDA E ALUMINIOS BORO e a colaboración que temos ca escola de Lousame. Os nosos compis de Lousame vemos que siguen avanzando no día a día.
Xa estamos planificando unha nova quedada e moitas sorpresas nos adestramentos das próximas semanas en Lousame.



XORNADA ESCOLAS DE NEGREIRA

Os babybasket e mini masculinos fomos xogar cos compis de Negreira o seu primeiro encontro.
Pasámolo moi ben e xa estamos pensando na seguinte quedada.
Deixámosvos algunha imaxe.


GALERÍA DE IMAXES CORTESÍA DE UXÍO
CINESIA  1º GALERÍA AQUÍ
BORMAR 2º GALLERÍA AQUÍ
AGEITOS 3º GALERÍA AQUÍ
PACO'S 4º GALERÍA AQUÍ
TENDAS PILLADOS AQUÍ