martes, 7 de marzo de 2017

O PILLADOS CBPS AGÁRRASE Á FASE DE ASCENSO

Cando restan dous encontros para o remate da fase regular da liga, o Pillados debe de gañar os dous e esperar unha derrota do C.B. Tilos para colarse na fase de ascenso.

Esta pasada semana o conxunto sonense desprazábase a Negreira para xogar como visitante contra o Ribadulla. O encontro non se chegou a disputar por mor do mal estado da pista en Negreira e disputouse na pista do CBPS en Portosín.

Os siareiros e siareiras que estaban en Negreira fixeron o esforzo de desprazarse ata Portosín para animar ao seu equipo vendo como o PILLADOS conseguía a victoria por 45 a 64 ante Ribadulla .

O encontro foi dominado dende o inicio polo Pillados con rápidas transicións e cargando o xogo interior.
O equipo en defensa volveu a subir a intensidade que parecia perdida en encontros anteriores o que permitía rouba balóns e elaborar transicións moi vistosas para o público.
Destacar o traballo dos juniors Pablo, Fernan e Manuel Caste.
Tamén xogaron Chi, Beny, Serxo, David, Carlos, Alex. Causou baixa de últma hora Maki.

O próximo encontro do Pillados CBPS será en Milladoiro o venres ás 21:15 horas.

Galería de imaxes