O PILLADOS CBPS venceu na casa do XL Milladoiro e xogarase na derradeira xornada de liga o seu pase á fase de ascenso.
O sábado ás 18:00 en Portosín o TIENDAS PILLADOS CBPS xogarasE o entrar na fase de ascenso ante o Lalín.
Os xogadores piden o apoio da xente para que todos e todas o poidamos conseguir.

O XL Milladoiro pRantexaba unha zona moi pechada que facía dano de inicio. Nos primeiros minutos o marcador transcorría con moita igualdade. A mediados do segundo periodo con 4 juniors en pista o equipo foi capaz de romper a zona con balóns interiores.
Chegábase ao descanso cunha ventaxa mínima pero os sonenses tiñan gardada unha defensa presionante ca que sairon para romper o encontro.
Así sucedeu, a vantaxe foise ata os 15 puntos que se viu reducida nos últimos minutos cando baixou a concentración.
O Resultado final foi de 41 -51.
Os juniors que disputaron o eoncontro foron Pablo, Fernán, Castelao e Baloko.
Enlace FOTOS DE UXÍO