luns, 13 de marzo de 2017

A XORNADA FEGABA

Xornada de grandes partidos e de moitas moitas emocións.
Imos por partes, contadas polos seus protagonistas.

INFANTIL FEMININO
SANTA BAIA - PESCADOS BORMAR CBPS 58-65
Polo adestrador Juan Filgueiras

Con pavillón case cheo e dúas aficións que animaron sen parar a ambos equipos as rapazas do Pescados Bormar CBPS realizaron un auténtico partidazo.

- Ven, ven, que estamos listas!
O obxetivo das nosas era remontar os 28 puntos de desvantaxe do partido de ida.
O equipo de Boiro saía ca idea de presionar en zonapress pero no segundo minuto xa non foi efectiva.

- Ti fai press que eu me meto por aquí

As sonenses realizaron unha defensa individual os 40 min a toda pista o que lle deu moita intensidade ao encontro.

Cada unha coa súa parella.
Ao descanso chegábase cunha vantaxe de 4 puntos para as nosas.

Sen medo, ao ataque!
No terceiro periodo o Pescados Bormar CBPS conseguía a máxima diferencia de +13, momento no cal o adestrador do Santa Baia decidiu refuxiar as súas nunha defensa zonal dentro de 6,25 que freou a remontada; as defensas zonais nestas categorias son garantía de fracaso para o equipo contrario.

- Imos pechar o chiringo que estas se nos colan.
Se unha porta está pechada, hai que atopar outra.
As nosas rapazas nos últimos minutos estaban xa moi cansas polo esforzo realizado e concederon un par de canastras doadas que reduciron a distancia a 5 puntos.

- Miña nai, non podemos coa alma.
Sen embargo, nun último arreón as xogadoras do CBPS conseguiron aguantar o marcador e darlle brillo ao auténtico partidazo realizado.

- Rematou! Imos para cama!
Xogaron; Carmen, Rut, Valeria, Mariña, Andrea V, Andrea L, Melanie, Martina, Carla, Noa e Paula.

O merecido sono do traballo ben feito.
A galería de fotos de Uxío, AQUÍ

INFANTIL MASCULINO
COMPAÑÍA DE MARÍA - PACO'S MODA CBPS 
Polo adestrador David Suárez

HISTÓRICA VITORIA QUE LLE DÁ O PRIMEIRO TÍTULO NUNHA LIGA FEGABA AO CBPS

Pais orgullososos dos seus históricos fillos
Visitaba con varias baixas o Paco's Moda CBPS a cancha dun Compañia de Maria que necesitaba a victoria para meterse na fase final así que non se presumía un partido doado.

Dous equipos ben colocados
No inicio, a defensa e os contrataques deron as primeiras vantaxes pero sen dar en ningún momento o sentimento de superioridade que se lles presuponía. Parece que non, pero o físico moitas veces engaña.

Sen medos ás alturas
Chegouse ao descanso coa vantaxe de 19 - 29 pero na reanudacion o Compañía apretou e non dabamos encontrado o xogo no 5 x 5 e os erros en defensa deixaron os santiagueses a 3 puntos a falta de 10 min.

Tempo de meditar

No último cuarto, o cansancio empezou a facer mella nos locais que loitaron ata o ultimo segundo pero a victoria viaxou ata o Son e con ela o título de campión a falta de 3 xornadas.
Destacar o bo partido do alevin Henok autor de 8 puntos, 6 deles decisivos.

- Mira rapaz, vai ti alí a meter uns puntiños, ho!
 Xogaron; Abel, Isma, Adrián, Isaac, Noel, Martín Calo, Martín Ogando, Fran e Miguel.

CADETE FEMININO
PROYDE LASALLE  - RÓTULOS AGEITOS CBPS 44-34
Polo berrador Bule

Partidazo o vivido no pavillón de LaSalle este sábado pola tarde. As rapazas do adestradas por Juan Filgueiras volveron a sacar a garra que lles caracteriza para loitar por un partido que se lles escapou só pola falta de acerto cara ao aro.

A disputa inicial
O inicio das sonenses foi titubeante, sobre todo concedendo demasiados rebotes ofensivos.
Este dominio inicial baixo os aros das locais lles permitiu acadar unha vantaxe de 10 puntos que foi decisiva no devenir do partido.

- Ai que se nos escapan!
A reacción das nosaschegou en canto recuperaron o adn que caracteriza este equipo; ningún balón se dá nunca por perdido. A partires de aí, o partido gañou en intensidade e emoción, coas laranxa lanzadas na persecución das locais.

- Ti ven paquí que non sabes onde te meteste...

Durante moitos minutos, o desacerto cara ao aro non lle deu ás nosas a xusta recompensa á fantástica defensa press, con continuos 2x1, que estaban a realizar.

Laranxas press
En cambio, no outro aro, cando conseguían tirar, o acerto das compostelanas lles permitiu manter as rendas.
Ao final, 10 puntos de desvantaxe, pero o recoñecimento unánime do corpo técnico, dos seareiros e do adestrador rival ao enorme traballo realizado polas nosas rapazas.
Perder non é importante cando se dá todo.

Fixemos a goma pero non chegou.


Xogaron; Sara B., Sara M, María, Laura, Ana e as infantís Mariña, Andrea, Rut, Valeria, Carmen.

- Veña que marchamos.
A galería de fotos de Uxío, AQUÍ

XUVENIL MASCULINO
C.B. NOIA - FISIOTERAPIA CINESIA CBPS 41-48
Polo quentador Bule

Derbi. Con isto xa está moito dito. Derbi é sangue, sudor, bágoas, risas, protestas, ledicia, emocións, rabia, euforia, adrenalina e moito máis. Derbi é un dos partidos que máis gusta xogar. Sobre todo se o gañas.

Pa' haberse matao.

Este era o terceiro enfrontamento entre os rapaces de Queiro e o Fisioterapia Cinesia CBPS. O balance era unha vitoria de cada lado. Esta nova fase de liga ía desempatar este duelo particular.
Por un lado, o CB Noia recuperaba a moitos tocados, os sonenses só tiñan a baixa de Iannis.
Nunhas gradas cheas, ambientazo, con gran presencia da fanaticada sonense.
O único pero a este gran escenario inicial viña, unha vez máis, do lado da FEGABA que mandaba un só árbitro. Para estos partidos é unha aberración. Unha máis.

- Veña que desempatamos!
En canto ao partido, xa se viu no quencemento que os sonenses estaban por chegar. Os locais, no primeiro cuarto, arrasaron a uns frouxos verdes sen intensidade. O marcador disparábase hasta un 17-2 (coa canastra de Alfonso) que deixaba temer o peor.

Derrape inicial
Sen embargo, unha vez se puxeron a defender, os rapaces do Fisioterapia Cinesia CBPS conseguiron ir recurtando a vantaxe local hasta deixala en 5 puntos ao descanso.

Defensa coral.

A segunda parte foi un calco do segundo cuarto, cuns homes de verde defendendo con todo, desquiciando e agotando aos rivais (especial mención para Pablo e Tyson Baloko no interior, e Iago coa súa defensa a Roi).

Arrancamento de bóla.

Unha tripla de Fernán empataba o partido a 27. Durante uns minutos o marcador foi de constantes igualadas, pero os locais xa estaban fundidos e as penetracións coma puñais de André, Toño e Fernán, as defensas de Iván, David ou Roi acabaron por decantar o derbi do lado sonense ante a delicia do público visitante.

Underground

Incluso Adrián tivo a ocasión de anotar tras un gran desmarque pero o aro non o permitiu. Queda para outra. Que haberá máis.

Ao final da batalla, deportividade.
Xogaron; Caste, Alfonso, Fernán, Iago, Pablo, Baloko, André, Toño, Iván, Roi, Adrián e Iannis de apoio moral.

A galería de fotos de Uxío, AQUÍ.

E esta foi a nosa mirada sobre a xornada, e así a contamos