martes, 28 de febreiro de 2017

A XORNADA FEGABA

O finde do 18-19 de febreiro tivo varios partidos, algúns moi importantes.
Imos aló.

MINI FEMININO
Partido do 18/02
BODEGÓN PESCADOR CBPS - PÍO XII 17-31

Ao fondo, o coach interino

As minis do Bodegón Pescador CBPS perderon o seu primeiro partido da tempada.

Esta vez a sorte foi esquiva

Matounos o rebote ofensivo delas, démoslle 3  ou 4 opcións de tiro en cada ataque, polo demais, fixeron cousas chulas e sobre todo, loitaron.
Xogaron: Xiana, Noa I., Noa F., Paula, Marta, Sara, Cayetana, Cristina, Isabela e as preminis Lucía e Iria.

Partido do 25/02
BODEGÓN EL PESCADOR CBPS - Peleteiro C 53 - 30
Polo adestrador Javi Beiro

Pre partido ao sol
As rapazas do mini Bodegón el Pescador CBPS xogaban o sábado de entroido o partido aprazado no seu día polo temporal ante o Peleteiro C.
Despois houbo que loitar
O partido volveu a amosar as mesmas carencias de sempre nas sonenses, comenzan dormidas, erran canastas fáciles, despistes defensivos, concesión moitos rebotes en aro propio, son chamadas a capítulo polo seu adestrador e comenza a reacción.

A pesare da vitoria non foi o mellor partido das nosas minis. Agora toca descanso ata a xoves para voltar con forza aos adestramentos.
Unha vitoria máis
Xogaron; Xiana, Noa I., Noa F., Paula, Marta, Sara, Cayetana, Cristina, Isabela e as preminis Lucía e Iria.
INFANTIL FEMININO
CB RIBEIRA - PESCADOS BORMAR CBPS 22 - 36
Polo adestrador Juan José Trillo, CHI
Terceira victoria consecutiva do Pescados Bormar CBPS no derradeiro encontro da liga regular.

- Se nos gañamos e Cluny palma, cuartas!
O equipo sonense achegouse na mañá do sábado ata Palmeira para tentar de afianzarse no 4º posto da clasificación a espera do resultado que acadase Cluny no seu encontro con Peleteiro B.

A calma
Dende o primeiro intre, as xogadoras do CBPS saíron coa intención de abrir distancias co equipo contrario. A presión nos saques e na saída de balón dotaron de moitas oportunidades de anotar tras roubo, pero que non se chegarían a materializar por falla de puntería a hora de finalizar.
Neste aspecto, o segundo cuarto foi o máis duro, pois unha serie de entradas doadas que non chegaron a entrar, farían que o resultado fose moito máis axustado ao descanso (10-16) do que realmente se vía na pista de xogo.

O lío
Tralo descanso, as xogadoras do Pescados Bormar puxeron a directa e sen baixar os brazos seguiron presionando e ofrecendo a mellor versión do seu xogo. Con pases rápidos e sen botar, chegaban de canastra a canastra sen botar e anotando de xeito sinxelo. Abrindo así, por fin, unha brecha no marcador de 16 puntos.

Os puntos

No derradeiro cuarto, as xogadoras de Chi, aproveitando a vantaxe pero sen descoidala, trataron de xogar de distintas maneiras as habituais para poder usar en próximos partidos, ofensivamente e defensivamente, cedendo só este cuarto a favor do clube de Riveira.
Parciais : 6 - 9 / 4 – 7 / 4 – 14 / 8 – 6
Xogaron: Mariña, Martina, Andrea L., Carmen, Carla, Melanie, Valeria, Rut, Xiana e Paula.


Trala derrota de Cluny na tarde do domingo, o Pescados Bormar CBPS queda 4º da liga regular e xogará unha fase que estará composta polos 4 mellores equipos dos dous grupos da zona de Santiago.
A recompensa a un traballo ben feito.

Noraboa polo traballo e esforzo rapazas!
INFANTIL MASCULINO
INSTITUTO ROSALÍA B - PACO'S MODA CBPS
Polo adestrador David Suárez

Fanaticada sonense numerosa e a contraluz

Rendía visita o Paco's Moda CBPS ao segundo clasificado separados por unha victoria e 6 puntos de average. O obxetivo para os nosos, a fase de grupos sentenciada.

Empezamos!
O inicio non foi bo, nervios, imprecisions e o marcador no min 3 reflexaba un 8 - 3 para os locais.

Disputa
Despois dun tempo morto os sonenses desplegaron o mellor xogo de toda a temporada, dominando os locais que encaixaron un parcial de 0 - 23 que deixaba encarilado o partido.


Encarrilamento
O segundo cuarto os laranxa seguiron incrementando a diferencia ata chegar o descanso cun 22 - 43.
Na segunda parte, o cansancio fixo mella e as forzas igualáronse sen que perigrase en ningún momento a vitoria.

Barullo

Xogaron: Abel, Adrián, Victor, Noel, Miguel, Fran, Isaac, Henok, Martín Ogando, Martín Calo e Isma.
Relaxación tralo traballo ben feito
CADETES FEMENINO
LASALLE - RÓTULOS AGEITOS CBPS 58 - 27
Polo adestrador Juan Filgueiras

Esta hinchada non se rende!
Moi bo encontro das chicas do Rótulos Ageitos CBPS pese a que o marcador non reflite o traballo realizado sobre a pista.

Loitar, loitouse
O equipo deu o máximo en todo momento, cunha presión a toda cancha sabendo que eso provocaría canastras doadas para o rival.

Presionar, presionouse

En ataque a mellora é máis lenta pero segue a ser unha progresión positiva.

A importancia do xesto no tiro
Xogaron; Anahí, Laura, Ana, Sara p, Sara m, María, Valeria, Martina, Melanie, Rut e Andrea e Mariña.

Estirados pero contentos
 A GALERÍA DE FOTOS DE UXÍO, AQUÍ

XUVENILES MASCULINO
BASKET DEZA - FISIOTERAPIA CINESIA CBPS 13 - 61
Polo chófer Bule

O cocido é un prato típico de Entroido que nestas terras é celebrado bla bla bla

Tocáballe ao Fisioterapia Cinesia CBPS viaxar a Lalín en plena festa do Cocido para iniciar esta nova fase.
Efemérides culinarias aparte, o partido foi como unha longa e pesada sobremesa.

- Tes un palillo para min?
O equipo sonense foi superior en todo momento ao seu rival, pese a que o quinteto inicial xogase sen a intensidade mínima requerida para estes casos.

A pérdida
O trantran do partido rompeuno o que os modernos chaman a segunda unidade que foron quen de abrir vantaxes significativas no marcador ante un rival moi débil.
Abrindo brecha
A segunda parte foi exactamente o mesmo, un quinteto durmido, un quinteto activo, e partido sen moita máis historia.
A defensa mirada
A defensa decente
Xogaron; André, Fernán, Caste, Pablo, Toño, David, Alfonso, Iago, Iannis e Iván. 

A GALERÍA DE FOTOS DE UXÍO, AQUÍ 

SENIOR
TIENDAS PILLADOS CBPS - CB AMES 39 - 59
Polo adestrador Juan Filgueiras
 
Fanaticada e lesionados unidos no apoio
Como se fosemos malos mariñeiros o Tiendas Pillados CBPS remou para non chegar a bo porto.

-  Pitas ou non pitas?
Unha saída foi moi fría, con imprecisións no xogo e a falta de acerto cara o aro, facía que o Ames dominase claramente e chegase a unha diferencia de 24 puntos.

Cando che cae a do pulpo
Pero nos 3 últimos minutos do segundo cuarto, o equpio tirou de orgullo e cun parcial de 11-0 meteuse de novo no partido.

Perseguindo o orgullo
No terceiro periodo o equipo verde púxose a tan só 6 puntos e con opcións de culminar a remontada.

Rozando a remontada

 Sen embargo, a losa do inicio foi demasiado pesada e o Ames xestionou mellor as súas naves para levar a vitoria ao seu porto.

- Pois mar en Ames non hai, xa me dirás
Xogaron. Chi, Maki, Beny, Alex, David, Bale e os juniors Caste, Fernán, Iago, Baloco e Pablo.

AS FOTOS DE UXÍO, AQUÍ

E esa foi a nosa mirada sobre a xornada, e así a contamos