martes, 28 de marzo de 2017

A XORNADA XOGADE

Xornada de fases finais nas distintas ligas XOGADE. Resultados? Pois coma sempre, de todo. Pero quen mellor para contalo que os protagonistas.

PREMINI
RESTAURANTE PORTOFINO CBPS - SANTA BAIA 42 -2
Por Presi de honor Luky 


A Fila
Gran mellora destes rapaces do Restaurante Portofino CBPS ao longo do ano e, especialmente, nestes últimos meses.
Malia unha clara superioridade física (Boiro xogaba con varios babys), os rapaces sonenses van amosando maneiras con pases en contraataque, entradas a canastra e unha boa selección de tiro.

Tiro
Aínda fica un longo camiño de traballo e superación, pero o máis importante, a actitude e a ilusión, sóbralles.

O roubo

Destacar a primeira canasta de Jose o baby en xogo, conseguida de xeito impresionante.
O futuro está na súas máns.

Rebote feminino
Xogaron: José, Alexo, Álvaro, Lucía, Roi, Carlota, e Lucas.

WE ROBOTS CBPS - O GRUPO 20 abaixo ou así
Por fichajazo Chechu Yáñez 

A espera
Gran partido o xogado hoxe polos nosos rapaces do We Robots CBPS.
Malia a derrota, penso que foi un dos mellores partidos xogados polos rapaces do noso equipo.

Velocidade
A superioridade física do equipo de Palmeira era evidente, pero os sonenses foron todo coraxe para intentar combatir esa diferencia.

Home libre nun mundo preso
En ningún momento lle perderon a cara ao partido, conseguindo construír xogadas de calidade que deixan un bó sabor de boca pese ao marcador.

A man

Xogaron Iria, Marcela, Lía, Óscar, Martiño, Lois, Samu, Dani e Alex.

MINI
EXCAVACIÓNS DARÍO CBPS - SANTA BAIA 58-57
Polo multifuncións Juan Filgueiras

Dous mundos separados

Gran encontro das rapazas do Excavacións Darío CBPS que dominaron o encontro dende inicio.
O único equipo composto exclusivamente de rapazas pasou apuros cando xogaban contra cuartetos de chicos.

Buscando espazos

Destacar o gran nivel defensivo e as xogadas onde todas sumaban.
E tras un final agónico chegou o doce sabor dunha vitoria moi merecida.
En cada encontro que pasa as nenas dan un pasiño máis.

Dous mundos reunidos

Xogaron; Noa , Xiana, Cayetana, Olimpia, Paula, Isa, Cris, Sara, Noa e Lucía.

RESTAURANTE O PORTO CBPS - O GRUPO 58 - 44
Polo inmigrante negreirense David Suárez

Feligreses
Partidazo dos rapaces do Restaurante O Porto CBPS vencendo a un equipo moi superior fisicamente.

A reviravolta

Nuns primeiros cuartos foron moi igualados, os de Ribeira sacaban vantaxe por medio de triples despois de bloqueos (si, bloqueos, en mini. Sic) e polo dominio no rebote que lle proporcionaba a súa superioridade física.

Roxismo
Pero un cambio defensivo sonense asfixiou aos dous mellores xogadores rivais con continuos 2x1 e daba un parcial de 12 - 2 no quinto periodo que deixaba o partido moi de cara.

Decisión
No derradeiro periodo seguiu a boa defensa e a vitoria viaxou ata o Son.

Coro defensivo
Xogaron; Alberto, Lois, Jaime, Manu Cabido, Manu Balvis, Henok, Leo e os preminis Samu e Alex.

INFANTIL/CADETE 
PARRILLADA A NOSA RÍA CBPS - C.B. RIBEIRA 12-50
Polo adestrador antenista David Suárez

Pizarrismo
Partido con pouca historia.
Moitos dos rapaces do A Parrillada A Nosa Ria CBPS viñan de xogar o seu partido de liga FEGABA e aínda así, pese ao cansacio, o equipo sonense mostrouse moi superiores.

Ilusión óptica

Un parcial de 0 - 18 de inicio deixaba ás claras a diferencia de nivel.

Inalcanzabeis
Así que nova vitoria clara dos xogadores de David Suárez nesta liga de transición.
Xogaron; Abel, Adrián Cervera, Adrián Arasa, Andrés, Isma, Noel, Fran, Martín, Miguel e Isaac.
E esta foi a nosa mirada de ouro sobre a xornada, e así a contamos.