mércores, 22 de marzo de 2017

A xornada FEGABA

Sen xornada nas ligas XOGADE, mini xornada dos equipos inscritos nas ligas FEGABA con só 3 equipos implicados.
Imos ver que tal lles foi, contado polos seus protagonistas.

MINI INFANTIL FEMININO
BODEGÓN O PESCADOR CBPS - ROSALIA PIO XII 37 - 13
Polo adestrador Javi Beiro 

Adoración

Nunha soleada mañá de sábado debutaban as sonenses na fase polo título que disputan os tres primeiros da liga regular no pavillón de Roxos.
A fanaticada sempre presente

Chegaban as sonenses do Bodegón O Pescador CBPS con ánimo de revancha deportiva, trala anterior derrota sufrida ante este mesmo equipo.

A dispusta de Roxos

O partido non puido empezar peor, todo eran erros nas nosas xogadoras, tiros dados, pérdidas, concesión de rebotes, etc. que lles perimitiu ás santiaguesas adiantarse no marcador. 

Sonense na trampa compostelana

No segundo cuarto as sonenses recuperáronse no marcador, non concederon canastras pero aínda seguían cometendo moitos erros para desesperación dos seus adestradores.
O martirio do coach

A partires do terceiro cuarto as nosas minis por fin arrincaron o motor, seguiron apretando os dentes atrás e anotando con algo máis de facilidade, collendo vantaxes xa por riba da decena de puntos.
O camiño dos puntos

Este traballo do terceiro cuarto continuou ata o final de partido, que rematou cunha vitoria das de Porto do Son por 37-13.

Carpe Diem

Xogaron: Xiana, Paula, Noa F., Noa I., Cayetana, Sara, Cristina, Olimpia, Isabela e a premini Lucía que tivo un papel destacado e que mostra un gran compromiso nos partidos coas súas compañeiras de categoría superior.

As Meniñas

INFANTIL MASCULINO
PELETEIRO B - PACO'S MODA CBPS 38 - 72
Polo adestrador David Suárez

O Chof
Visitaba o Paco's Moda CBPS a pista de Peleteiro ca liga xa ganada e coa centrados en facer o adestrado esta semana.

O Desmarque

Deixabamos a un lado a presión a toda a pista e centrámonos na defensa agresiva das líneas de pase e xogo sin bote en ataque.

Simetría

Costounos entrar no partido e os primeiros 15 min non foron bós, a escasa intensidade defensiva e os rebotes en ataque concedidos permitían ao Peleteiro manterse no partido.

O obxeto de desexo.

Despois da charla do descanso as cousas cambiaron e os sonenses mostraron a súa superioridade ata deixar no marcador unha clara vantaxe.

A charla

Xogaron: Henok, Abel, Martín Calo, Adrián, Isma, Miguel, Fran, Martín Ogando, Andrés e Noel.

E pluribus unum

SENIOR MASCULINO
TIENDAS PILLADOS CBPS - BASKETDEZA LALÍN 70 - 52

Polo motivador Bule 


As nosas almas

Sábado con un gran ambiente nas bancadas do pavillón David Vidal de Portosín. A ocasión o requería; o Tiendas Pillados CBPS xogaba en dúas canchas o partido máis importante do ano; primeiro, o seu fronte a Lalín e o domingo nos Tilos onde unha derrota dos locais lles daría o pase á fase de ascenso.

Direccións opostas

Empecemos polo sábado. Na convocatoria, seis xuveniles completaban a mermada lista de Juan Filgueiras. Poder contar con toda esta rapazada xa é un vitoria en si para o club.

Ansias

E de inicio, os locais demostraban estar á altura da cita cun 9-2 inicial. O xogo era fluido, as canastras froito dun gran xogo colectivo e, en canto se apretou en defensa, a vantaxe non deixaría de medrar ata os 15 puntos do descanso.

Escapada

O partido parecía encarrilado cando a diferencia subiu ata os 20 puntos. Pero unha press a toda cancha do equipo lalinense colapsaba aos sonenses que deixaron de xogar durante uns minutos. Neses intres, a diferencia baixou ata os 10 puntos e as sensacións non eran boas.

Colapso

Desa confusión emerxiu a figura do xuvenil Toño. O rapaz foi o encargado de subir o balón con autoridade, poñendo deste xeito o equipo de novo no bó sentido. Superado o bache, a vitoria foi clara.

Recoñecimento xeracional


Coa súa parte do contrato cumprida, o Tiendas Pillados CBPS agardou o resulatado do domingo. E sobre as 21h caía o mazazo; Os Tilos vencía de 9 a Padrón e se metía na fase de ascenso grazas ao basketaverage.

Fluctuat nec mergitur

Pero esta decepción non pode empañar a gran campaña do senior que, cunha marca 10-6  final, firmou a súa mellor tempada en 3 anos de vida. E o grupo rematou sendo moito máis equipo do era ao principio. Iso tamén é outra vitoria.


Medrando

A galería das estupendas fotos de Uxío, aquí

E así foi a nosa mirada sobre a xornada, e así a contamos