martes, 14 de marzo de 2017

A XORNADA XOGADE

Gran xornada para os equipos do CBPS que viron a todos os equipos gañar os seus enfrontamentos, algúns de xeito agónico.
Imos aló co resumo completo dun fin de semana que empezou o venres e rematou o domingo.

BABYBASKET
DEPORTES HERMIDA ALUMINIO BORO CBPS - CB NOIA sen marcador, só faltaría!
Pola adestradora María Malvárez.

- Tío, para un que xogamos, non te metas!
Partido entre os máis novos do club sonense Deportes Hermida Aluminios Boro CBPS e os do club noiés.
- Vou ir por alí que está menos petao...
Pouco que contar, salvo que disfrutaron do lindo dun partido disputado con deportividade e bó humor.

E iso é o que realmente importa.

Baby stylish bench
Xogaron; ⁠⁠⁠José, Óscar, Martiño, Iago, Daniela, Alejandra, James, Jamie, Brais, Sophie e Justin.

PREMINI

WE ROBOTS CBPS - PADRÓN 40-18
Polos adestradores María Malvárez e Chechu Yáñez.
⁠⁠⁠Bó partido o disputado este sábado entre o We Robots CBPS é o Padrón no pavillón David Vidal de Portosín.

- A ver como era isto de defender...

En defensa, intentouse demostrar o aprendido esta semana, desta vez saber cómo se debe defender. Reto case conseguido, só queda practicalo un pouquiño máis. .

- Mancha un pouco isto de defender
En ataque, os rapaces seguiron demostrando as súas melloras cun xogo rápido e vistoso que lles permitiu coller vantaxe dende o principio.

- Ides ver como ataco!

Destacar a boa actitude e o xogo en equipo, todos participaron e todos foron importantes para o resultado final.

- Mimá, moito corren estos robots!
Xogaron Álex, Celso, Samu, Lía, Iria, Marcela, Dani, Martiño e Óscar.

RESTAURANTE PORTOFINO CBPS - CB NOIA 08 28-26 (con prórroga)
Polo adestrador Luky

 
- Oh! Un balón!

No inicio do partido, o Restaurante Portofino CBPS comezou con dúbidas á hora de atacar o aro.
Pero a medida que pasaban os minutos, os rapaces foron máis ambiciosos, acadando meritorias canastras tras pase.

- O rollo como era...

Ao mesmo tempo, os sonenses defenderon con moita atitude ao longo de todo o encontro.

Todos polo chan, que hai lavadoras.

O dato anecdótico foi que se chegou á prorroga despois dun emocionante imtercambio de canastas. Neste tempo extra, dous puntiños decantaron o partido nos últimos segundos ao noso favor.

O partido xogouse sobre o fío
Cabe resaltar a enorme evolución do equipo dende principio de tempada en todolos aspectos do xogo, sobre todo as gañas que amosan tanto en partido como nos entrenos.

Pero esta era coa esquerda...

Xogaron; Carlota, Alexo, Julia, Alex, Iago, Alvaro e Daniela (baby). Foron baixa Daniela, Lucía, e Iván.

MINI
FEMININO
EXCAVACIONES DARÍO CBPS - CB RIBEIRA 37-17
Polo adestrador Juan Filgueiras
 
A toda pastilla!

Encontro disputado na maña do domingo onde as rapazas do Excavacións Darío CBPS superaron con facilidade ao Ribeira.
- A ver, ho, parade un pouco que me aghotades!
Por parte das locais destacou o xogo con inversions de balón que se está a adestrar.

- Este cho inverto eu que vas flipare!

Sinalar que as minis de 2 ano só xogaron o minimo e foron as de primeiro ano as que realizaron un encontro xenial
- Moi ben rapazas, agora imos comer os callos.
Xogaron; Noa F, Xiana F, Noa I, Lucia, Cris, Paula e Isabela.

MASCULINO
RESTAURANTE O PORTO CBPS - ASAMBAL A POBRA 42-41 (suspendido)
Polos adestradores Chechu Yáñez e Javi Beiro

- Deixáronnos sen fotos...
- Pois non o entendo, feos non somos, temos encantos....

Partido moi disputado entre os minis do Restaurante O Porto CBPS e os pobrenses.
Comezamos o partido por debaixo, perdendo de 7/8 puntos debido a malas decisións en ataque, con moitos erros en bandexas e abuso do tiro exterior.
No segundo cuarto melloramos en defensa e achegámonos no taboleiro cun xogo moito máis serio. No terceiro, o bó traballo de equipo deu os seus froitos e os rapaces conseguiron voltear o marcador.
⁠⁠⁠No cuarto e quinto cuarto, os sonenses foron quen de continuar nesa traxectoria, buscando canastras doadas e continuando cunha defensa presionante que os levou a manterse por diante no marcador. Pero un mal inicio de último cuarto tirou pola borda o bó traballo realizado, errando de novo canastas en posicións sinxelas de tiro e concedendo ao equipo da Pobra bandexas sin oposición que os levaron a igualar o marcador.
Cando máis emocionante estaba, o árbitro detivo o partido a un minuto do final polas continuas protestas e burlas de dous espectadores da Pobra xa reincidentes. Hai cousas que son máis importantes que meter unha pelota nun aro.

INFANTIL/CADETE

PARRILLADA A NOSA RÍA CBPS - PADRÓN 36-25

Polo adestrador David Suárez.


- E veña a correr...
Os rapaces do Parrillada A Nosa Ría CBPS  saían dun adestramento vespertino antes de afrontar este encontro e parecían máis preocupados polo importante partido da tarde que este que tiñan que xogar.

A cabeza por un lado, as pernas por outro.
Coa mente en Compostela e as pernas fundidas pola sesión anterior, os rapaces non realizaron un bó partido. Malia a todo, mostráronse superiores os padroneses e venceron por 36 - 25 un partido que, coma todos os desta liga, non tivo moita historia.

Intensidade disimulada.

Xogaron; Adrián Arasa, Adrián Cervera, Martín Calo, Martín Ogando, Abel, Isma, Isaac, Noel, Denís, Fran e Miguel.

E esta foi a nosa mirada sobre a xornada, e así a contamos.