mércores, 1 de febreiro de 2017

Primeira Victoria do “Basket family CBPS” na festa de presentación de O Meco

Basket Nais O Meco 38 – Basket Family Lonxa vella Galihostel CBPS 40
Polo adestrador Juan Trillo, Chi

No serán do sábado, un pequeno reducto de xogadoras sonenses desprazouse ata o Grove para desfrutar da experiencia do seu primeiro partido compreto e intentar conseguir a súa primeira victoria.

Ambientón no Grove

A primeira ollada ó pavillón mesmo chegaba a intimidar. As bancadas ateigadas de xente e ver un maior número de xogadoras no equipo contrario, facían que os nervios estivesen a flor de pel e que a inquietude rondase as xogadoras do CBPS, que non se deixaron amedrentar.

Unha vez o salto inicial, o nerviosismo pasou a un segundo lugar. Todas as xogadoras loitaban por conseguir o balón, ningún dos dous equipos quería ceder ante as contrincantes e iso fixo que disfrutásemos dun gran partido.

Tensión defensiva
Roubos, tapóns, contraataques e defensas férreas. Demostrando que os que puidesen pensar que só era un partidillo, realmente, non coñecen ás nosas mulleres.

As xogadoras locais golpeaban primeiro, tirando con máis efectividade que as xogadoras sonenses, chegando a estar cunha vantaxe de 10 puntos. Ate que a conexión internacional do Lonxa vella Galihostel CBPS comezou a funcionar.

 As xogadoras do Basket family conseguirían voltear o marcador antes do descanso chegando a porse 19 – 21 grazas á defensa colectiva e a velocidade á contra da xoven Giulia, pero voltarían cambiarse as tornas cun 25-22 ao descanso.
Trio ofensivo
Na segunda metade, voltaríamos ver unha gran loita por ver quen remataría levándose o partido. O Basket Nais ampliaba a súa vantaxe sobre as nosas xogadoras, que non deixaron de loitar e presionar ata a fin do encontro, facendo así posible a remontada e deixando o marcador no 38 – 40 final.

As vencedoras saúdando á afección
Swagg

Logrouse a primeira victoria para este equipo nunha cancha, que máis que hostil, foi do máis amigable e que animou e desfrutou de ambos equipos, como realmente se debe facer neste gran deporte.
Xuntas e revoltas

Xogaron, loitaron e desfrutaron: Lorena, Olaia, Giulia, Carmen, Liz, Desy, Sonia, Chus, Rosa e Rocío.


Mención para aquelas que non puideron vir e desfrutar connosco dese día por diversos motivos: Orieta, María, Lourdes.

E outra especial para Inés, xa que se desprazou coa marea verde para apoiar as súas compañeiras e amigas.

Logo do partido, xogadoras e corpo técnico reafirmaron a súa amizade cunha cea de compañeirismo.
A mirada da directiva orgullosa das súas xogadoras