domingo, 5 de febreiro de 2017

A XORNADA FEGABA

Tocou descanso nas ligas XOGADE e unha xornada nas ligas FEGABA con 4 equipos implicados.
Así foi o que ocorreu, contado polos seus protagonistas.

MINI FEMININO 
BODEGÓN O PESCADOR CBPS - PELETEIRO B  24-16
Polo adestrador Javi Beiro

Frías, como a temperatura no pavillón Carmen Estevez de Roxos entraron as nosas xogadoras do Bodegón O Pescador CBPS no partido, deambulando sen ton nin son durante os dous primeiros cuartos, o que as levou ir perdendo 14-4 tralos dous primeiros cuartos.
A partir de aí, unha dura charla do seu xa de por si afónico míster, fíxoas espertar e ir pouco a pouco mellorando a súa actuación grazas sobre todo a unha defensa moi presionante a toda a pista que permitiu recuperar moitos balóns.
As sonenses remataron impoñendose no marcador pero volveron a amosar dous erros que as acompañan ao largo de toda a tempada, o erro de canastas fáciles e a concesión de moitos rebotes en ataque ao equipo rival.
Deambulando si pero invictas

Como nova mais resaltable destacar que Noa Filgueira volveu a xogar tras meses apartada polas lesións que lle provocou o seu atropello.

Xogaron: Noa Filgueira, Noa Iglesias, Paula, Sara, Marta, Xiana, Olimpia, Cayetana, Isabela e a premini Lucía.

INFANTILES FEMININO
PESCADOS BORMAR CBPS - LASALLE 24-50
Polo adestrador Juan Trillo, Chi

Partido disputado na tarde do sábado da categoría infantil femenino, onde as xogadoras do Pescados Bromar CBPS pretendían loitar por unha nova victoria nesta liga pese as baixas de Valeria e Carmen.

O comezo do partido parecía que podía ser unha loita igualada ate a fin do encontro, pero o mal xogo e a falta de intensidade defensiva favoreceu a un LaSalle que non perdoaba e non concedeu segundas oportunidades.

Por intres víronse bos minutos do equipo local, pero que non eran máis que unhas últimas sacudidas cando o partido xa estaba decantado para o lado do equipo santiagués.

Xogaron: Martina, Carla, Mariña, Andrea Vázquez, Rut, Andrea Laíño, Melanie e Xiana.

CADETES FEMENINO
RÓTULOS AGEITOS CBPS - PÍO XII

- Como que non temos crónica?
- Nada que non a mandaron
- Pero fotos?
- Si, iso si
- Bueno lo.


sen crónica pero con fotos de uxío aquí


XUVENIL MASCULINO
FISIOTERAPIA CINESIA - CB AMES 48-43
Polo adestrador Juanto

O partido comenzou cun 9-0 de parcial a pesares de que a intensidade defensiva non era boa, máis polos fallos do rival que por acertos propios.

Dominio
A partires de aí, esa falta de intensidade, unida á pouca disciplina táctica provocou que o partido se igualará.
No segundo cuarto, a tercera falta de Pablo e o seu consiguiente troco provocou que o gran dominio do rebote ofensivo por parte de Ames lles levará a poñerse por diante.
Alternativa
Esta misma tónica seguiu no 3eiro periodo, co espellismo de 2 o 3 bós ataques que seguiron un troco en el sistema de xogo.

Loita
No último cuarto, a intensidade defensiva mellorou e mediado o cuarto, un par de robos consecutivos culminados en canastra, unidos a un cambio defensivo a zona press provocou que o equipo se puxera por diante, mantendo a boa defensa hasta o final, o que, a pesares dalgunas precipitacións ofensivas, serviu para asegurar o triunfo.

Alegría final

Xogaron: David,Yago,Ivan, Roi, Ianis, Pablo, Fernan, Caste, Alfonso, Andrés e Toño.

GALERÍA DE FOTOS DE UXÍO AQUÍ

e ESTA FOI A NOSA MIRADA SOBRE A XORNADA, E ASÍ A CONTAMOS