martes, 24 de xaneiro de 2017

A xornada FEGABA

Tras unha semana na que a directiva tivo que tomar a decisión máis dura que se poida tomar, chegou unha nova xornada de liga en varias categorías. Así foi o que ocorreu, contado polos seus protagonistas.

INFANTIL MASCULINO

PACO'S MODA CBPS - PELETEIRO B 75-34
Polo adestrador David Suárez


Cambiar todo para que nada cambie
Nova victoria do Paco's Moda CBPS que segue a ser líder invicto do seu grupo.

Imparables
Houbo que agardar para ver aos sonenses tomar o mando o partido, logo dun primeiro cuarto con exceso de relaxación.

- Co frío que vai, cae con neve seguro.
Pero  pouco a pouco, dende a defensa, o equipo laranxa foi labrando diferenzas segnificativas que lles levou a para conquerir unha comoda victoria.
Ao final, iluminados.
Xogaron: Abel, Adrián, Andrés,  Noel, Martín Ogando, Martín Calo, Fran, Miguel, Isma, Victor, Isaac e debutou o alevín Henok.

CADETES FEMININOS

RÓTULOS AGEITOS CBPS - C.B. RIBEIRA 40-34 (tras prórroga)
Polo adestrador Juan Filgueiras

Tempo de derbi!
Partidazo entre os equipos de Rótulos Ageitos CBPS e as veciñas ribeirenses nun pavillón de Trapa que rexistrou un ambientazo nesta tarde de sábado.

Intensidade
O equipo mostrou unha cara moi ambiciosa saíndo a defender con moitísima actividade e recuperando balóns.

Defensa dobre
En ataque as ordes eran claras de abrir o campo e atacar o 1x1.
Ti e eu, soas, aquí e agora.
Nun derradeiro cuarto de infarto, con constantes cambios no marcador, un tiro libre local levou o partido á prórroga.
- Ñia, este non me vai
No tempo extra, as locais conseguiron rapidamente coller unha vanatxe que á postre resultou definitiva para que o derbi quedase na casa.
A ledicia da vitoria
Xogaron: Martina, Mariña, Carla, Sara P., Sara B., Sara M, María, Andrea , Anahi, Ana e Laura.

A GALERÍA DE FOTOS DE UXÍO, AQUÍ

XUVENIL MASCULINO
INSTITUTO ROSALÍA - FISIOTERAPIA CINESIA CBPS 69-47
Polo adestrador Juan Filgueiras

Bo encontro do equipo junior que deu a cara na pista do Rosalía ata o último periodo.

Ultras conxelados sonenses nas gradas santiaguesas.
O noso equipo foi moi valiente prantexando unha defensa individual a toda pista durante os 40 min.
Intensidade traseira
O equipo en ataque destacou polo xogo colectivo onde todos os xogadores participaban nas xogadas.
- Entra ou che fendo!
So un pero, a finais do terceiro cuarto, cando un par de perdas facia que os locais colleran unha vantaxe de 8 puntos.
- Por que perdimos eses balóns, por que, POR QUE!?
Ao principio do derradeiro cuarto, os santiagueses metéronse nunha zoñina 2-3 ben pechadiña para coller máis ventaxa e asegurar unha vitoria que tiveron que sudar.
Caemos pero nos erguemos.
Xogaron todos os xogadores dispoñibles: David,Yago,Ivan, Roi, Ianis, Pablo, Fernan, Caste, Alfonso, Andres e Toño.
Para ser un domingo conxelado, ás 10 da mañá, non estivo mal.
Os adestradores Juan e Boule queren felicitar a gran imaxe de grupo e o xogo en equipo realizado.

A GALERÍA DE FOTOS DE UXÍO, AQUÍ

E esta foi a nosa visión da xornada XÉLIDA, e así a a contamos