venres, 17 de febreiro de 2017

Vitoria de Champions

INFANTIL FEMININO
CB CLUNY - PESCADOS BORMAR CBPS 34-36
Polo adestrador Juan Trillo, Chi

Partido aprazado que por fin puido ser disputado no serán do mércores en Santiago.Ata a capital, achegouse o equipo sonense con ganas de revancha, posto que no partido da ida, a vitoria cambiou de máns nos derradeiros intres do encontro quedando así Cluny como gañaador.

Unión inicial
Sen embargo, na primeira metade do partido, semellaba que o Pescados Bormar CBPS non era quen de xogar. Os nervios e o factor emocional facían que as nosas xogadoras errasen en defensa, ataque e tamén co control do balón que nos facían perder moitas posesións. Todo isto sumado á prematura lesión de Carmen e a unha mala porcentaxe dende a liña de tiros libres que facía que o equipo de Cluny aumentara máis a súa distancia no marcador, chegando ao descanso cun tanteo de 16-7.

Charla reactiva

Tralo descanso e a charla no vestiario, a imaxe do encontro comezaba a cambiar. As xogadoras sonenses puxeron a directa e presionaron cada saída de balón, cada liña de pase, pelexando ate o último alento de cada unha como o equipo que son.
Esta actitude trouxo consigo a alegría e fluidez no xogo colectivo, xa que cada pelota roubada ou recuperada chegaba a outra canastra en 2-3 pases creando ocasións claras de anotar.

Só a pouca anotación dende a liña de tiros libres freaba que o equipo puidese poñerse por diante no marcador e incluso sacar vantaxe.

A emoción chegaría no derradeiro minuto.

O Pescados Bormar atopábase por detrás no marcador cunha diferencia de 5 puntos que parecía difícil de recuperar.
As xogadoras de Cluny tiñan a posesión e debían sacar da súa liña de fondo, pero a presión do CBPS era quen de provocar que errasen o pase e que saíse o balón fora sen que ninguén o tocase.

As nosas rapazas, sendo pícaras, puxeron o balón en xogo rápido para poder anotar e sacar unha falta que dese tiro adicional.

As xogadoras de Chi conseguiron wsta circunstancia de forzar pérdida, sacar e anotar ata en  3 ocasións seguidas, volteando así o marcador e acadar o Pescados Bormar CBPS unha vantaxe de 4 puntos a falta de 20 segundos da fin do encontro.

No seguinte ataque, as santiaguesas conseguirían anotar, e aínda disporían dunha ocasión máis para empatar un partido que finalmente decantouse do lado do CBPS.

Unión na alegría da vitoria

O equipo foi o importante, todas aportortaron. Superon repoñer a súa actitude na segunda parte e non se deron por vencidas ata a fin, sendo esto o máis importante para o adestrador.

Noraboa a todas!

Xogaron : Andrea L., Carla, Mariña, Martina, Rut, Valeria, Melanie, Carmen, Xiana e Paula.

Parciais: 5-3 / 11-4 / 7 -15 / 11-14