martes, 28 de febreiro de 2017

A XORNADA XOGADE

As crónicas no Entroido son coma a masa das filloas, hainas que deixa reposar (pero menos tempo).
Aproveitando que este finde non houbo competicións, sacamos con retraso as crónicas da xornada do 18/19 de febreiro.

PREMINI
CB RIBEIRA - WE ROBOTS CBPS 51 - 58
Polo adestrador Chechu Yáñez

Atasco

Partido atascado o que disputou o We Robots CBPS o domingo en Palmeira contra o Ribeira.
Pese a que os locais soamente contaban con 6 xogadores fixeron fronte en todo momento e souperon aproveitar os erros sonenses.
Tras moitas variacións no taboleiro, no último cuarto os nosos acadaron un maior acerto nos seus ataques e conseguiron que a victoria viaxara ao Son.
Xogaron: Lía, Celso, Marce, Óscar, Iria, Álex, Lois, Samu, Martiño e Dani.

RESTAURANTE PORTOFINO CBPS - CB PADRÓN 3 - 43
Polo adestrador David Suárez

Con varias baixas e hasta 5 babys se presentaba ao partido o Restaurante Portofino CBPS.
En consecuencia o equipo mostrouse perdido en moitas fases do partido.
Queda seguir entrenando para vindeiros partidos.
Xogaron: Carlota, Roi, Lucas, Alex, Ivan, Alexo, Alvaro e os baby Jose, Daniela, Jeimi, Iago e Julia

MINI
CB RIBEIRA - EXCAVACIONES DARÍO CBPS 61 - 32

- Non aghoches a bóla que non vai cambiar o marcador!

O Excavacións Darío CBPS perdeu.

CB RIBEIRA - RESTAURANTE O PORTO CBPS 41 - 61
Polo adestrador Chechu Yáñez

Gran partido o xogado polo equipo mini do  Restaurante O Porto CBPS.
Cun xogo rápido e alegre colleron unha ventaxa dende o principio e xa non a deixaron marchar.
A anotación foi moi repartida e todos os rapaces despregaron un gran xogo. É moi satisfactoria ver á progresión que están vivindo estes rapaces.
Xogaron: Manu, Samu, Álex, Leo, Lois, Alberto, Hugo, Manu e Jaime.

CADETE
PARRILADA A NOSA RÍA CBPS - CB NOIA 42-2
Polo adestrador David Suárez

Partido dominado de principio a fin polo Parrillada A Nosa Ría CBPS que desde o primeiro minuto centraronse en realizar as xogadas entrenadas esta semana e onde o resultado 42 - 2 mostra a clara superioridade no campo. 
Xogaron Abel, Adrian, Martin Ogando, Martin Calo, Fran, Miguel, Isma y Noel