luns, 6 de febreiro de 2017

A XORNADA FEGABA

Por mor do temporal que nos sacudiu os bodies este finde, non houbo partidos nas ligas XOGADE. Pero si houbo xornada nas ligas FEGABA, salvo para as minis que viron tamén o seu partido postposto. E así nos foi desta volta.

INFANTIL FEMININO
INSTITUTO ROSALÍA PIO XII -  PESCADOS BORMAR CBPS 47-29
Polo adestrador Juan Trillo, Chi

Visita a pista do Rosalía na tarde do domingo, onde o Pescados Bormar CBPS chegaba con desexos de amosar a súa progresión e loitar de ti a ti contra o equipo santiagués.

Sempre cara adiante
O encontro comezaba ben para as nosas posto que as xogadoras do Rosalía non eran quen de atacar a canastra e moito menos de anotar. Por outra parte, as sonenses sentíanse máis cómodas na pista á hora de saír e atacar, aínda que non conseguían que todos os seus tiros acabasen en puntos.
Pasados 5 minutos, o marcador amosaba un 0-4 a favor do Pescados Bormar CBPS, pero o desgaste da defensa intensa fixo que algúns despistes nos castigasen con anotacións doadas ou con segundas oportunidades baixo o aro, volteando así o marcador ata un 9-4.
Os seguintes cuartos terían o mesmo guión, pero unha mala volta do descanso foi un castigo demasiado grande para o noso equipo, onde o equipo local sacaría unha renta de 11 puntos.
O derradeiro cuarto foi outra mostra das posibilidades que ten este equipo, esforzándose unidas e vendo os froitos dos adestramentos dos últimos meses.

Disciplina defensiva
Pese á derrota, o encontro reafirmou a tónica positiva, ascendente e de loita que amosa este grupo de xogadoras no que vai de tempada. Motivo máis que suficiente para que os adestradores estén contentos co traballo realizado polas xogadoras.
A única parte negativa do encontro, foi a lesión de Andrea Vázquez. Dende aquí mandámoslle ánimos e unha pronta recuperación para que poda voltar canto antes a adestrar coas súas compañeiras.

Xogaron: Andrea V., Mariña, Andrea L., Carla, Martina, Melanie, Rut, Xiana, Paula e Olímpia.
Parciais: 9-4 / 11-11 / 15-4 / 12-10

INFANTIL MASCULINO
CB AMES - PACO'S MODA 18 - 68
Polo adestrador Juan Filgueiras

Ao Paco's Moda CBPS tocáballe desprazarse hasta Bertamiráns para afrontar aos rapaces do CB Ames.

- David, pilla aí o baloncesto destes rapaces que imos empezar.

O partido non tivo moita historia, os sonenses estiveron por diante no marcador en todo momento.

- Fixo choooofff!

Cómoda vitoria onde os de David e Juan tiveron os minutos moi repartidos.
Destacar que o equipo centrouse en poñer en práctica o traballo realizado durante a semana chegando a conseguilo parcialmente.

- Se temos 66 e metemos canastra que vale 2 entón agora temos...
Sinalar a mala fortuna de Andrés que fracturou o pulso. Dende aquí lle mandamos os nosos desexos de que recupere pronto.

Xogaron: Abel, Adrián, Andrés,  Noel, Martín Ogando, Martín Calo, Fran, Miguel, Isma, Victor, Isaac e debutou o alevín Henok.

CADETE FEMININO
ENSEÑANZA - RÓTULOS AGEITOS CBPS 85-14
Polo adestrador Juan Filgueiras

A policía arbitral da moda investigando o xersei do que ninguén escoita.
Partido moi complicado para o equipo Rótulos Ageitos CBPS  que se desprazaba a Santiago con tan só 4 cadetes por mor das enfermidades e viaxes escolares.
Aquí non se regala nada
Pese ao abultado resultado as sonense melloraron moito na saída de presión.

Pese a todo, sempre atentas
 As rapazas realizaron bó traballo tanto como equipo, correxindo moitos erros de gravidade que cometían, como individualmente, amosando  moi bos xestos técnicos con diversos tipos de saídas e finalizacións.

Xogaron: Sara M, María M, Lucía  e Laura de cadetes e as infantiles Melanie, Mariña, Andrea L, Martina, Rut e Carla


A GALERÍA DE FOTOS DE UXÍO, AQUÍ

XUVENILES MASCULINO
COMPAÑÍA DE MARÍA - FISIOTERAPIA CINESIA CBPS 101-22 (con prórroga)
Polo adestrador Juan Filgueiras


A fanaticada sempre presente
Os rapapaces do Fisioterapia Cinesia CBPS viaxaban a Santiago para afrontar un dos mellores equipos da categoría.

- O balón é meu, mo devolves ao final, eh!? Non te pires con el, que nos coñecemos...

Unha vez alí, coma o temporal pasou o equipo local sobre os verdes.

Cicloxénese tocando terra, alegoría.
Dende o inicio, os erros en canastras moi doadas permitiu que os santiagueses se marchasen no marcador.

Dominio, alegoría
E este tipo de regalos non perdonan fronte a un equipo moi superior tanto fisica como tecnicamente.
Superioridade, alegoría
Só queda adestrar duro para mellorar e rematar a tempada contra outro rival de nivel, os veciños de  Ribeira para un derbi eléctrico.

- Bueno, este xa está, a ver o Ribeira.
Animo rapaces e vinde preparados para sudar a gota gorda!

- Mimá, sudar di...
A GALERÍA DE FOTOS DE UXÍO, AQUÍ


E así foi a nosa mirada sobre a xornada, e así a contamos.