Nova xornada nas ligas FEGABA, con vitorias, derrotas, risas e bágoas. Así foron os encontros, contados polos seus protagonistas.
MINI FEMININO
BODEGÓN PESCADOR CBPS - LASALLE 37 - 11
Polo adestrador Javi Beiro
As minis do Bodegón Pescador CBPS viaxaban unha mañá de sábado máis a
Santiago, desta vez para enfrontarse o equipo de La Salle no pavillón do
Quiroga Palacios.
 |
Madrugadores animados |
De novo a historia repiteuse a historia cas nosas minis, saen dormidas, o adestrador chámaas a capítulo e a maquinaria comenza a funcionar.
 |
Máquinas |
As
sonenses en moitas fases dos partidos mostran unha defensa moi
presionante que lles permite roubar moitos balóns e que impide ataques
cómodos aos contrarios.
 |
O coach: - Entón facemos unha press full court a full e pum!
O Resto: - Pero este home que di... |
Por outra banda, seguen a errar moitas situacións sinxelas de tiro e a permitir moitos rebotes aos rivais.
 |
Entraría? Con elas, calqueira sabe |
Xogaron:
Xiana, Paula, Noa F., Noa I., Olimpia, Cristina, Sara, Isabela e as
preminis Lucía e Iria que supliron as baixas de Cayetana por
enfermidade e de Marta por torcedura de nocello.
 |
Durmidas si, pero ben alimentadas.
Parabéns, Paula! |
INFANTIL FEMININO
PESCADOS BORMAR CBPS – ELIDENTE RIANXO 57-7
Polo adestrador Juan Trillo, Chi
Partido xogado en Trapa na mañá do domingo, no que as xogadoras do
Pescados Bormar CBPS venceron sen moitos apuros a un Rianxo que mostrou a súa melloría e unha loita constante sen baixar os brazos durante todo o partido.
 |
Houbo que pelexar a vitoria |
Pese a que o inicio do partido non foi o desexado, posto que varias xogadoras acababan de disputar outro partido da categoría cadete e o cansancio estaba presente, máis cedo que tarde comezaron a darse os resultados chegando ao KO na metade do derradeiro cuarto.
 |
Al ataque! |
A presión do
CBPS facía que o equipo visitante non fose quen de xogar, cortando así moitos pases e roubando balóns que acabarían en canastras doadas, dando lugar así a unha cómoda vantaxe que permitiría ao equipo probar diversas formas de xogo ofensivo e defensivo.
 |
Desta volta a sorte foi nosa |
Parciais: 22-4 / 16-3 / 13-0 / 6-0
Xogaron: Carla, Andrea L., Mariña, Rut, Martina, Melanie, Carmen, Xiana e Paula.
INFANTIL MASCULINO
PACO´S MODA CBPS - ROSALIA DE CASTRO PIO XII 67-15
Polo adestrador Juan Filgueiras
Suma e sigue o Paco's Moda CBPS con outra contundente victoria fronte o Pio XII Rosalia.
 |
Suma |
 |
E sigue |
O partido empezou con moitas imprecisións e no minuto 5 o resultado era de 5 - 4.
 |
- Primeiro abrides os ollos, despois poñedes o cerebro a funcionar e despois activades o body. Espertar, vamos. |
Pero logo dun tempo morto para poñerlle as pilas en defensa, os sonense empexaron a dominar o rival para chegar o descanso cun 40 - 8 que deixaba o partido finiquitado.
 |
- Pum?
- Pum!
- Pum! Pum! |
No segundo tempo a tónica foi a misma e no min 31 cerraban o partido co resultado 67 - 15.
 |
Unha vitoria máis. un partido menos |
Xogaron: Abel, Adrián, Fran, Isaac, Noel, Martin, Isma e Miguel.
 |
Ballet post partido |
CADETE FEMININO
RÓTULOS AGEITOSCBPS - PELETEIRO 9-91
Polo adestrador Juan Filgueiras
 |
O partido foi do revés |
Partido do Rótulos Ageitos CBPS ante un rival moi superior que desplegou.gran baloncesto.
 |
Superioridade azul |
Aprimeira parte foi un monólogo das santiaguesas que se mostraron superiores en todo.
 |
Dios, que difícil o poñen estas de azul! |
As nosas rapazas a partir do descanso quitaron a garra e loitaron ao máximo pese ao abultado do marcador, non rendéndose nunca.
 |
O ADN das cadetes |
Ao remate, o adestrador felicitounas polo carácter mostrado ao longo de todo o partido.
 |
Tempo vivo |
A partir da próxima semana comeza a nosa liga contra rivais máis asequibles.
Xogaron Laura, Ana, Sara B, Sara P, Sara M, María, Lucía, Anahí, Rut, Martina, Mariña e Andrea.
 |
Outro día na oficina |
A GALERÍA DE FOTOS DE UXÍO, AQUÍ
XUVENIL MASCULINO
FISIOTERAPIA CINESIA CBPS - C.B. RIBEIRA 44-56
Polo adestrador Juan Filgueiras
Bo encontro o disputado onte en Portosín con moi bo ambiente e moito público.
 |
A fanaticada sempre presente
|
O Fisioterapia Cinesia CBPS intentou defender con moita presión por toda a pista o que para elo necesitaron a participación de todos os xogadores. Todos sumaron e se mostraron coma un verdadeiro equipo.
 |
Todos a unha. |
Só pequenos despistes en defensa permitían canastras doadas dos ribeirenses. Ao descanso, máis 4 para os vistante e todo por xogar.
 |
- Voulle colocar istos que bastante teñen con ir por debaixo. |
Ao inicio do terceiro cuarto, o equipo sonense tivo a oportunidade de poñerse por diante pero perdonou e non conseguiu aproveitar os beneficios dunha gran defensa. Aínda así, seguiron loitaron ata o final.
 |
Enganchados ao encontro |
Destacar que o noso equipo ten un gran futuro con só tres juniors de segundo ano e tres cadetes.
Xogaron; Pablo, André, Baloco, David, Toño, Iago, Adri, Ianis, Fernan, Iván e Alfonso.
Lesionados Peli, Roi e Miguel Anxo.
 |
O fufuro é por alí |
GALERÍA DE FOTOS DE UXÍO, AQUÍ.
 |
E así foi a nosa mirada sobre xornada, e así a contamos. |