luns, 21 de novembro de 2016

XORNADA FEGABA

Neste fin de semana, tan só dous equipos de formación do C.B. Porto do Son tiveron partido.

Así que imos que tal lles foi, contado polos seus protagonistas.

Mini femenino
BODEGON O PESCADOR CBPS 19 - PELETEIRO C 10
Polo adestrador Javi Beiro
Segundo partido de liga e segundo viaxe a Roxos, para enfrontarse desta vez o Peleteiro C.
As sonenses acudían cas baixas do seu adestrador Juan Filgueiras, Noa Filgueira (ánimo Noa!) lesionada para uns meses, Isabella por non estar a documentación aínda disponible e con Xiana, Cayetana e Sara renqueantes por resfriados e molestias na planta do pé.
Por todo isto completaron a convocatoria dúas preminis como Iria e Lucía que non se amedrentaron pese a xogar con nenas mais altas e grandes e ademáis conseguiron anotar canasta as dúas.

As roxas
O partido foi moi disputado, viuse mais loita e defensa que canastas, aos dous equipos lles costaba acadar situación comodas para tirar.
As nosas foron todo o partido diante no marcador, combinando acertos e desacertos pero mostrando dende o minuto 1 a bravura que as caracteriza e que as veces tamén as leva a cometer erros.
Estilazo
Noraboa e a seguir traballando duro.
Xogaron: Xiana (lesionada no 3º cuarto e que xa non volveu a xogar), Cayetana (que se mancou no 2º cuarto e volveu a xogar pese a forte dor), Noa Iglesias, Marta, Paula, Iria, Lucía, Cristina e Sara.

Infantil Femenino
⁠⁠⁠La Salle 52  Pescados Bormar CBPS 39 
Polo adestrador Andrés Cadahía

Magnífico partido xogado onte polas chicas infantiles na casa do líder do grupo.
Preparadas, listas, xa!

Cunha posta en escea impecable consiguiron mandar no marcador durante o primeiro parcial, dando a cara nos seguintes e completando un partido con moi boas prestacións tanto ofensivas coma defensivas.
Empeza a verse a evolución positiva dun grupo que está chamado a facer grandes cousas. Agardamos con ansiedade os seguintes partidos.
Medrando
Marcador por cuartos: 10-11, 17-10, 10-8, 15-10.

Xogaron:⁠⁠⁠ Ruth, Carmen, Andrea Laíño, Andrea Vázquez, Valeria, Mariña, Melanie, Paula, Martina e Carla.