martes, 15 de novembro de 2016

A singer must die for the lie in his voice

If you are the dealer, I'm out of the game
If you are the healer, it means I'm broken and lame
If thine is the glory then mine must be the shame
You want it darker
We kill the flame


You Want It Darker (2016), Leonard Cohen.

Like a bird on the wire,
like a drunk in a midnight choir
I have tried in my way to be free.


Nun curruncho do baloncesto mundial está a NBA, as súas estrelas, os seus millóns de dólares, a fama, o espectáculo puro, para o mellor e para o peor.

Na outra esquina, no lado totalmente oposto está, por exemplo, a terceira división grupo B da zona de Santiago.

E nesta a nosa división, está o rival deste finde semana, o CAB Arzúa.

Neste equipo arzuán están os históricos, Alejandro, Cachín, Carracedo e o lesionado Joseba. Están as fichaxes santiaguesas deste ano, Jorge, Ezequiel e David. E está Mister Juvenil, que debuta na categoría coa ilusión dun rapaz. Ao fronte, Coach Moreira, que se deixa a voz en canda tempo morto pero que non perde o bó humor por iso.

Este grupo de tíos, pachangueiros de sempre, xuntáronse e saíron a competir na liga FEGABA para que unha praza histórica do baloncesto galego seguise tendo equipo. Son os que manteñen viva a chama laranxa naquela vila que aínda vivía grandes partidos de Nacional hai só 4 anos.
Hoxe, loitan como poden para intentar acadar unha vitoria que non conseguiron o ano pasado en 18 xornadas. Segundo a clasificación da FEGABA, ocuparon o posto 89 da terceira galega; foron o peor equipo senior de Galicia.

E aínda así, aquí chegaron un sábado ás 18h a Trapa, sonrintes coma sempre, amábeis e dispostos a dar batalla, no sentido máis noble da palabra. Porque a paixón, non lle gañan nin os Golden State Warriors.

Enfronte, un TENDAS PILLADOS CBPS que anda deprimido. Esta depresión nótase nos rebotes defensivos que non se collen, na defensa que non defende, no ataque que non ataca e, sobre todo, nos tiros que non entran. Tiros doados moitos deles. Pero non entran. Non entran porque mentalmente o equipo non está. Ninguén cre nel mesmo. Este equipo carece agora mesmo de alma. O reto vai ser atopala de novo. Porque sempre hai esperanza.

I came so far for beauty
I left so much behind
My patience and my family
My masterpiece unsigned

Neste contexto, todo o que ocorreu durante o partido foi circunstancial. Poderiamos intentar revivir ese goteo de puntos que emulaban as gotas que caen sobre a cabeza durante unha sesión de tortura china. Pero, por que sufrir de novo? Tan só contar que desta vez a técnica puido co entusiasmo. Por esta vez.


Now so long, Marianne, it's time that we began
to laugh and cry and cry and laugh about it all again.

Por certo, debutou co senior Ianis, cadete de segundo ano, coma premio por o seu traballo ata o de agora. Na súa primeira intervención agarrou das máns dun rival a bóla e loitou por ela tirándose ao chan. Vista a tarde, non foi pouco.

 
I lit a thin green candle, to make you jealous of me.

Galería de fotos, cortesía de Uxío Portosín, aquí.

TIENDAS PILLADOS CBPS - CAB ARZÚA: 38-32
Parciais: 14-9; 12-14; 3-5; 9-3

Xogaron: Alex, Fernán, Maki, chi, Rubén, Beni, Serxio, David, Juanto, Pablo, Carlos e Ianis.
Música: Leonard Cohen
Tracklist: 
- A Singer Must Die, de Leonard Cohen
- You Want It Darker, de Leonard Cohen
- Bird on the Wire, de Leonard Cohen
- Came So Far for Beauty, de Leonard Cohen
- So Long, Marianne, de Leonard Cohen
- One Of Us Cannot Be Wrong, de Leonard Cohen