luns, 14 de novembro de 2016

A xornada XOGADE

Entre sábado e domingo varios equipos tiveron xornada de competición na liga XOGADE. Así contan o que ocorreu os seus protagonistas.


BABYBASKET
Deportes Hermida/Aluminios Boro CBPS - O Grupo: Quen conta estas cousas?
Pola adestradora María Malvárez

Novo partido cos nenas e nenos de de O Grupo de Ribeira.
Os encontros baby son sempre moi semellantes, a adquisición de conceptos nótanse pouco a pouco.
Desta volta, intentaron defender algo máis e o que máis me gusta é que intentan sempre pasarse o balón, que xogan ben en equipo. Actitude de 10.

Xogaron:  Óscar, Martiño, Aitana, Brais, James, Sophie, Justin, Daniela, Dani, Iago e José.

Traballo ben feito!


PREMINI 
WE ROBOTS CBPS - O GRUPO: PENDENTE
Polo adestrador Chechu Yáñez

⁠⁠⁠Extraño partido o disputado hoxe en Portosín entre o We Robots CBPS e o Grupo de Palmeira.
O equipo visitante levou o ritmo do partido dende o inicio centrándo o xogo no seu xogador n°8, o cal anotaba tanto dende lonxe como cerca do aro sonense. 
Os rapaces do We Robots trataban de seguir no partido desenrolando un xogo máis xeneroso, logrando q as diferencias non foran moi amplas. Á igualdade provocou as protestas do adestrador visitante, que rematou por ser descalificado.
Iso provocou que decidira marchar e levar aos nenos con el, causando q a acta se pechara por abandono.
Dende o CBPS queremos deixar clara unha cousa: non hai nada máis importante que os nenos, eles son os protagonistas. Ísto é algo q non se debe esquecer, e os adultos as veces non nos damos de conta.
Tras uns minutos desagradables, os pais dos nenos de O Grupo e máis á xente do CBPS decidiron seguir co partido, cousa que agradeceron os nenos. Eles poideron seguir disfrutando do basket e deixando mostras de que, polo xeral, teñen máis sentidiño que os adultos.
O partido rematou deportivamente, como debe de ser..
Xogaron: ⁠⁠⁠Celso, Samu, Alex, Dani, Iria, Lía, Xiana e Marcela

COSTA DA MORTE - RESTAURANTE PORTOFINO CBPS: 48 - 36
Polo adestrador David Suárez 

⁠⁠⁠Pasados os nervios do debut de hai 7 dias hoxe xa empezaron a saír xogadas e xa estiveron mellor colocados no campo. Xogaron: ⁠⁠⁠Alexo, Alex, Roi, Julia, Daniela, Alvaro, Lucas, Iván e Carlota

Xuntos e revoltos

A toda pastilla
O grandullón este non deixa ver

MINI MASCULINO
COSTA DA MORTE - RESTAURANTE O PORTO MELCHOR CBPS: 32 - 74
Polo adestrador David Suárez

Outro bó partido dos sonenses que siguen mellorando no xogo colectivo, conseguindo varias veces sen un só bote e onde todos os xogadores aportaron a lo menos unha canastra.
Xogaron: Hugo, Manu Balvis, Henok, Alberto, Lois, Samu, Jaime e Leo

Orde na cancha!


Deportividade, sempre
E algo de swagg tamén.
 
MINI FEMENINO
EXCAVACIONES DARÍO CBPS - O GRUPO: 35 - 52
Polo adestrador Juan Filgueiras

Novo partido entre o EXCAVACIONES DARÍO CBPS e O Grupo en minibasket.
O noso equipo, lembramos que composto exclusivamente de chicas, libraron un gran encontro e foron quen de aguantar no marcador ata o derradeiro periodo.
Ao final, a defensa a toda pista prantexada ao longo do partido fixo mella fisicamente nas nosas rapazas e o equipo ribeirense marchouse definitivamente no marcador.
Sinalar a gran deportividade emtre ambos equipos e entre os pais e nais que aplaudían as acccins de todolos xogadores e xogadoras, fósen cal fósen as súas cores.

Xogaron Noa, Olimpia, Sara, Cris, Noa, Xiana, Isabela, Tifany e Cayetana.


Así foi a mirada da xornada XOGADE do CBPS