martes, 8 de novembro de 2016

DOMINGO PARA CRER

Todo o mundo coñece a forma mediante a cal resultou vencedor, pero ninguén coñece a forma mediante a cal asegurou a victoria.
Sun Tzu, O Arte Da Guerra 

Nos partidos dos domingos á mañá sempre ocorren cousas raras. Será que hai máis gañas de vermut e callos que de estar pelexando por un balón laranxa. Ou será que a alguén non lle gusta a competencia que lle fan estos encontros, por moitos paganos que haxa nas pistas.
En todo caso, non son partidos normais. 


Credo

Chegaba pois ao David Vidal Arena o que fóra o equipo revelación do ano pasado, os que rozaron a gloria do ascenso cos dedos, o CBAT de Os Tilos. Nesa tempada de paixón, o equipo dos suburbios de Compostela venceran as dúas veces ao TIENDAS PILLADOS CBPS en partidos incertos hasta o final. Tocaba poñerlle fin a este martirio.

Os devotos


De inicio xa se notaba a rareza do ambiente. Os xogadores dos dous equipos non daban atopado o seu ritmo, todo era confusión, tiros fallados, balóns perdidos, defensas brandas; un partido de domingo mañá.

Fe

Aos 5 minutos de partido, Juan Filgueiras decidiu que o cinco inicial non seguía correctamente os seus mandamentos e mandounos todos facer penitencia ao banco. 
A mensaxe foi entendida perfectamente polos membros do equipo sonense que se puxeron as pilas para acadar as primeiras vantaxes significativas e chegar cun máis 7 ao descanso (22-15).
Non é que fóse unha marabilla pero oes, era un partido de domingo á mañá!


Salmo

Na renaudación ocorreu unha pequena milagre. Os dous equipos empezaron a intercambiar canastras coma aquel que repartía viño e panes, facendo gala dunha xenerosidade nunca vista hasta ese momento. Este terceiro cuarto remataba cun 18-18 e co sentimento de que por fin o partido estaba lanzado. Incluso contan os fervorosos crentes que Chi deu dúas asistencias. Misterio ou realidade, o ambiente de ledicia favorecía estas mostras de ardor.

Elevación
Pero esta comunión entre baloncesto e espectáculo foi interrumpida pola protesta airada dun dos cleros dos Tilos contra a autoridade e a súa conseguinte excomunión do templo de Traba
Este incidente provocou unha nova ruptura de ritmo que aproveitaron os sonenses para encarrilar definitivamente o partido.
Nun final de domingo pola mañá, os nosos remataron gañando de 9 para romper o xaxún de vitorias que duraba dende hai dúas semanas.


Crucificados
A semana próxima, novo partido en casa, fronte ao Arzúa CAB. Esperemos que ese partido teña o ritmo dun coro de gospel e non do dos pasos de Semana Santa.
TIENDAS PILLADOS CBPS 50 - CBAT 41
Parciais: 11-7; 11-8; 18-18; 10-8

Apóstoles: Alex, Fernán, Maki, Juan, Chi, Rubén, Caste, Beni, Serxio, David, Pablo.

Podedes ver as fotos do encontro, cortesía de Uxío Portosín, aquí