luns, 7 de novembro de 2016

A xornada FEGABA

Na ligas FEGABA, 4 equipos de formación competiron este fin de semana, xa que o mini femenino BODEGÓN O PESCADOR CBPS descansaba nesta xornada.

Así foi a xornada vista polos seus protagonistas.

INFANTIL FEMENINO
PESCADOS BORMAR CBPS - CLUNY:  39-40
Polo adestrador Andrés Cadahía.


⁠⁠⁠Primeira xornada de liga para as rapazas infantiles do PESCADOS BORMAR CBPS .
Foi un partido vibrante xogado de forma moi intensa e cun marcador moi igualado que se decideu nos minutos finais grazas ao maior acerto na ofensiva visitante.
A imaxe dada polas locais foi impecable, cun xogo alegre en ataque, gran circulación do balón e unha defensa que soubo conter o ataque visitante hasta ese fatídico cuarto final.
As victorias non tardarán en chegar se a imaxe ofrecida segue sendo tan boa.
Marcador por cuartos: 11-9, 10-4, 9-10, 9-17.
Xogaron: Valeria, Mariña, Andrea Laiño, Rut, Xiana, Noa, Paula, Carmen, Andrea Vazquez e Melanie. Estivo de baixa Carla.

Entrando
Galería de fotos do partido, cortesía de Uxío Portosín, aquí

INFANTIL MASCULINO
PACO'S MODA - C.B. AMES:  71-19
Polo adestrador David Suárez.

Moi bo inicio de liga dos sonenses que debutaban esta nova tempada en casa dominando o partido de principio a fin.                  
Grazas a unha moi boa presión defensiva que permitía rápidos contraataques, os xogadores de Andrés e David coonseguían canastras doadas e irse moi cedo no marcador.
Neste contexto, non se notou tanto a baixa de Martín Ogando cunha rotura de fibras. Iso si, esperemos que esté recuperado e preparado para botar unha mán ante a visita do próximo fin de semana á difícil cancha do Rosalía Pío XII.
Os "Paquiños" pecharon nos inicios do 4 periodo.
Os parciais foron 22 - 7 / 21 - 6 / 20 - 4 e 8 - 2
Xogaron: ⁠⁠⁠Abel, Andrés, Adrián, Fran, Isma, Isaac, Miguel, Noel, Victor, Martín Calo. 

CADETE FEMENINO
PELETEIRO B - RÓTULOS AGEITOS CBPS: 77-8
Polo adestrador Juan Trillo, Chi.

Despois dun mal partido contra Enseñanza, tocaba visitar a un dos equipos máis complicados da liga.

Máis alá do duro resultado, o Rótulos Ageitos fixo o partido digno que os adestradores esperaban; presión nas liñas de pase, intensidad defensiva e ofensiva, concentración e non baixar os brazos sen deixar de movernos. Tratando de facer en cada momento o de todos os adestramentos.

Nas derrotas e contra bos equipos apréndese, e grazas a presión do rival aprendemos algo en todas as facetas e aspectos do xogo. Aínda que o acerto de cara o aro non nos acompañase, no aspecto ofensivo tivemos tempos de bo movemento de balón e sacar vantaxe para atacar o aro.

Destacar a baixa momentanea de Anahí por un golpe que a fixo sangrar polo nariz aínda que pudo voltar sen problemas ao partido e a baixa dende metade do 3° cuarto de Carmen, que logo de sufrir mareos despois dun golpe na cabeza abandonou a pista. Ambas as dúas xogadoras atópanse ben.

Parciais:
25-3 / 22-3 / 20-0 / 10-2
Xogaron : Ana, Anahí, Sara Pouso, Sara Marcos, María Marcos, Lucía, Laura (Cadetes)
Mariña, Valeria, Rut, Carmen, (Infantís Convocadas)


Compromiso

Galería de fotos do partido, cortesía de Uxío Portosín, aquí

JUNIORS MASCULINO
FISIOTERAPIA CINESIA CBPS - INSTITUO ROSALÍA: 45-64
Polo adestrador Andrés Cadahía

⁠⁠⁠Cuarta xornada de liga para os rapaces do FISIOTERAPIA CINESIA CBPS e primeira derrota en casa.
O rival que se achegou ao David vidal de Portosín era poderoso, o Instituto Rosalía, un dos claros favoritos para liderar o grupo na fase final
Malia todo, o partido xogouse de poder a poder, hasta que a maior rotación do banquillo visitante acabou por desgastar aos locais, que aínda así foron capaces de gañar el último parcial.
Derrota que se pode asumir sen maior problemas, e agora toca seguir traballando como o están a facer para invertir este mal momento ao nivel contable que non de sensacións.
Marcador por cuartos: 12-14, 6-13, 14-24, 13-12.
Xogaron: Toño, Ianis, Fernán, Pablo, Manu, Iván, Iago, David, Alfonso, Javier e Miguelanxo 


Deportividade

Galería de fotos do partido, cortesía de Uxío Portosín, aquí

E esta foi a nosa mirada sobre a xornada FEGABA deste fin de semana. Noraboa a todos os membros da familia CBPS, a seguir currando que chega o frío e máis partidos!