luns, 14 de novembro de 2016

A Xornada FEGABA

Nova xornada de competición para os equipos implicados nas ligas FEGABA, agás para o infantil femenino PESCADOS BORMAR CBPS que descansaba.
E así foron os encontros.

MINI FEMININO
PELETEIRO B - BODEGON O PESCADOR CBPS: 25-35
Polo adestrador Javier Beiro.

Nunha chuviosa mañá de outono, no pavillón Carmen Estévez de Roxos, tivo lugar un feito histórico para o noso club, un máis, xa que debutaba o noso primeiro equipo de mini femenino federado, o Bodegón O Pescador CBPs adestrado por Juan Filgueiras.

Para moitas rapazas este era o seu primeiro partido oficial na liga federeada. E neste contexto especial, as nosas xogadoras estiveron nerviosas e precipitadas pero sempre mostrando o carácter, orgullo, esforzo que as caracteriza. Aos erros de canastras sinxelas e algún que outro despiste defensivo contestaban loitando por cada balón, incluso tirándose para salvar bólas que se perdían pola liña de fondo.

A paixón que estas nenas mostran nos entrenos e mostraron xogando, levou a algunas delas a xogar con molestias e rematar o partido ainda con mais dor, e por elo o cadro técnico quere mostrarlle o seu agradecemento polo seu compromiso.

Compuxeron o equipo desplazado a Roxos: Noa Filgueira, Noa Iglesias, Marta, Cris, Paula, Sara, Xiana, Cayetana a premini Iria.Noraboa rapazas e a seguir adestrando para mellorar.


Aquí, de trankis, facendo historia e tal
Sempre un paso por diante


INFANTIL MASCULINO
INSTITUTO ROSALÍA - PACO'S MODA:  29 - 52
Polo adestrador Andrés Cadahía.

⁠⁠⁠Gran partido realizado na mañá do domingo polos rapacess infantiles do Paco's Moda CBPS, nunha das canchas máis difíciles da categoría.

O equipo sonense soubo impor o seu ritmo e, apoiándose nunha gran defensa, acadaron unha renda folgada que foron quen de manexar durante o resto do encontro.

Quitando uns breves minutos do segundo periodo onde estiveron algo confusos, o equipo CBPS xogou  un baloncesto de gran nivel.

A salida en tromba do tercer cuarto definiu un partido que xa estaba decantado dende o principio.
Noraboa aos rapaces por esta gran vitoria, e a seguir traballando así.

Os parciais por cuartos: 6-16, 11-8, 2-18 y 10-10
Xogaron: ⁠⁠⁠Abel, Andrés, Adrián, Fran, Isma, Isaac, Miguel, Noel, Victor, Martín Calo. 

A veces se cae
Pero erguénse de novo, xuntos.


CADETE FEMENINO
RÓTULOS AGEITOS CBPS - LASALLE: 14 - 53
Polo adestrador Juan Trillo, Chi.

Partido correspondente á 3eira xornada da liga, onde o Rótulos Ageitos recibía a un invicto La Salle. Logo do partido de Peleteiro, as xogadoras locales querían seguir na boa dirección en canto á competición.

O partido foi, dende o inicio, unha loita contra o físico superior das adversarias, capaces de rebotear con máis facilidade que as nosas xogadoras.

De todolos xeitos, as xogadoras locais loitaron de inicio a fin, e plantaron cara durante todo o partido, pero con pouca fortuna de cara á canastra, onde se dispuxo de moitas ocasións para anotar pero a pelota non acababa de entrar polo aro.

Só un mal inicio do terceiro cuarto lastrou un pouco ós ánimos do que estaba sendo un partido máis que correcto por parte das nosas xogadoras.
De todas formas, o adestrador finalizou o encontro contento, posto que todalas xogadoras deron un paso cara adiante na boa dirección para un mellor equipo e onde as xogadoras infantís aportaron coma unhas cadetes máis.
Parciais 2-16 / 5-10 / 0-16 / 7-11.
Xogaron: Ana Francisco, Sara Pouso, Sara Marcos, María Marcos, Laura Pazos, Anahí González e Lucía García.Infantís: Carmen Ageitos, Rut Pereiras, Mariña Castelao e Valeria Lorenzo
Baixa: Sara B.


A voz

Escoitando

 
Analizando o escoitado


Galería de fotos do partido, cortesía de Uxío Portosín, aquí

JUNIOR MASCULINO
C.B. AMES - FISIOTERAPIA CINESIA CBPS: 51 - 47
Polo adestrador Andrés Cadahía

⁠⁠⁠Frouxo partido xogado polos juniors do FISIOTERAPIA CINESIA CBPS en Ames.

O equipo empezou moi ben pero esa boa saída do primeiro cuarto diluiuse por completo no transcurso dos minutos.

A defensa branda e sen contundencia permitía os contrataques e os tiros abertos dos xogadores locais, que aínda por riba non era contrarrestada cun bo ataque debido a unha mala selección de tiro por parte dos sonenses.

Malia todo, chegouse ao derradeiro minuto cun marcador apretado e con opcións para levarse o partido, pero non puido ser.

A melloría ten que ser patente nun equipo que xogou os dous últimos partidos ofrecendo unha cara ben distinta á que nos ten acostumados.
Toca erguerse de novo.

Marcador por cuartos: 12-16, 9-6, 20-15, 10-10.

Xogaron: ⁠⁠⁠Alfonso, Adrián, Fernán, Toño, Castelao, Pablo, Javi, David, Iago, Baloco e Iván


Desdebuxados
Pero sempre cara arriba, sen medos
Medrando coma equipo
Galería de fotos do partido, cortesía de Uxío Portosín. aquí

Esta foi a mirada da xornada FEGABA contada polos seus protagonistas. Para a semana máis, distinto, pero sempre enriquecedor.

Así foi a mirada CBPS da xornada FEGABA