luns, 7 de novembro de 2016

A xornada XOGADE

Entre sábado e domingo varios equipos iniciaron a súa aventura na liga XOGADE. Como lles foi? Houbo de todo, pero mellor que volo conten os protagonistas.

BABYBASKET
Deportes Hermida/Aluminios Boro CBPS - O Grupo: Quen conta estas cousas?
Pola adestradora María Malvárez
 
Este domingo en Ribeira chegaron con moitas ganas de xogar pero moi nerviosos porque para a maioría era o seu primeiro partido.
A actitude foi moi boa e xogaron pasándose moito o balón. Saíron todos súpercontentos, querendo xogar xa o próximo!
Xogaron:  ⁠⁠⁠Óscar, Martiño, Aitana, Brais, James, Sophie, Justin, Alejandra, Daniela, Iago, José, Jamie

O futuro
Babies si, pero profesionais
Instinto cazador.

PREMINI 
C.B. NOIA - WE ROBOTS CBPS: 4-44
Polo adestrador Chechu Yáñez

Gran partido dos rapaces do We Robot CBPS para comenzar a tempada.                       
O resultado o de menos.                      
Con soamente 7 rapaces polas baixas de Samu, Lía e Xiana, o We Robot plantouse en Noia tratando de divertirse e dende o primero momento llevaron o ritmo do partido.                       
Os minutos foron moi repartidos e os 7 nenos anotaron polo menos unha canastra, algún deles debutando nesta faceta anotadora.                       
4-44 para pechar a acta, pero iso non é o importante. O xogo alegre e de equipo si que foi destacable.
Xogaron: ⁠⁠⁠Martiño, Óscar, Celso, Alex, Dani, Iria, Marcela


Buscando o seu camiño


O importante está nas miradas
O GRUPO - RESTAURANTE PORTOFINO CBPS: 40-0
Polo adestrador David Suárez 
 
Primeiro partido para a maioria dos rapaces do Portofino que apenas levan un mes xogando a este deporte.
Para debutar, tocaba visitar o equipo do Anpa O Grupo de Ribeira, un dos mellores equipos da competición.
A nivel marcador, o partido tivo pouca historia, cun 40 - 0 para os de Ribeira para pechar a acta.
O mellor que a pesar do resultado os rapaces o pasaron estupendamente e nada máis rematar xa estaban ansioso de xogar o seguinte.
Xogaron: Lucia, Alejandro, Daniela, Carlota, Alexo, Ivan, Alvaro, Lucas, Julia e Roi


Superconcentración
MINI MASCULINO
O GRUPO - RESTAURANTE O PORTO MELCHOR CBPS: 64-36
Polo adestrador David Suárez

Bo partido dos rapaces que despois de empezar moi erraticos no primeiro periodo foron asentándose e foron capaces de competir cun dos favoritos ao titulo final.
Os nosos rapaces acabaron realizando moi boas xogadas e plasmando o bó traballo realizado durante estas semanas.
O resultado final foi de 64 - 36 e os parciais 16 - 2 / 8 - 3 / 10 - 12 / 11 - 8 / 10 - 6 / 7 - 4
Xogaron: Manu Cabido, Henok, Hugo, Lois, Alberto, Leo, Samuel, Manu Balvis e Jaime.

- Para meter canastas hai que tirar cara arriba!
MINI FEMENINO
EXCAVACIONES DAÍO CBPS - ASAMBAL: 24-62
Polo adestrador Juan Filgueiras

Primeiro encontro do único equipo feminino da competición fronte a un equipo de asambal formado exclusivamente por chicos.
O equipo é unha mezcla de nenas novas que debutaban con outras que xa teñen experiencia xogando.
O debut foi excelente, as nosas chicas foron capaces de xogar a un gran ritmo e intensidade.
A nivel técnico, gardaron en tomo momento o orde e realizaron moitos xestos que levan adestrando desde o principio de tempada, cumprindo así co noso obxectivo.
O adestrador rematou moi contento co traballo realizado.
Xogaron Noa, Olimpia, Sara, Cris, Noa, Xiana, Isabela e Tifany.                     
Lesionouse no quecemento Cayetana (coas gañas que tén de xogar, agardemos que recupere pronto).

Saque asesorado, de tal pao...

INFANTIL/CADETES
O GRUPO - PARRILLADA A NOSA RÍA CBPS: 24-39
Polo adestrador David Suárez

Partido con moitos erros dos sonenses que non foron quenes de reflexar no marcador o seu mellor facer hasta o ultimo cuarto.
Empezamos ben presionando en defensa e roubando moitos balóns pero as imprecisións debido á precipitación e as bandexas falladas foron a tónica dos 3 primeiros cuartos.
No último periodo empezaron a amosar o seu mellor baloncesto e conqueriron unha merecida vitoria. Os parciais foron de  6 - 10 / 4 - 6 / 10 - 5 / 8 - 18
Xogaron: Adrián, Abel, Miguel, Denis, Andres, Noel, Manu, Henok, Isaac e Isma. 
Faltou Martín que estaba lesionado pero que volverá en breve co seu equipo.              
 

A mirada do CBPS