luns, 24 de outubro de 2016

LASALLE MALDITA

Maniobrar cun exército é ventaxoso. Maniobrar cunha multitude indisciplinada, é perigoso. 
Sun Tzu - A Arte Da Guerra

Xogar na mítica pista de LaSalle, pista que cheira a baloncesto polos catro costados, nunca é tarefa doada. Sacar algo positivo, complicado. Para o TIENDAS PILLADOS CBPS, por terceiro ano consecutivo, misión imposíbel.

Chegaba o equipo sonense coa anecdótica condición de líder á cancha santiaguesa. E durante un cuarto, a base de paciencia, boa circulación do balón, intensidade e acerto exterior os homes de Juan Filgueiras mantiveron o seu estatus.Quedaba moito partido, pero as sensacións non podían ser mellores.

Por aí era o camiño!

Pero de súpeto, boum! Saltaron os plomos! Por algunha razón dificilmente explicábel, fíxose noite pechada nas filas dos de verde. Durante 6 minutos, e un parcial de 15 -0 para os composteláns, os vistantes desapareceron da pista, mentalmente, fisicamente, baloncesticamente. Chegar ao descanso con 9 abaixo parecia un mal menor.

Electricista intentando encender de novo a turbina.

Pero a reacción en cadea da fisión do noso equipo seguiu durante toda a segunda parte. Os de roxo cheiraron a sangue e sairon cunha defensa presionante a toda cancha mezclada cunha 2-3 que lles deu un parcial de 9-0 que finiquitaba o partido mediados o terceiro cuarto. Animicamente, os sonenses xa non estaban e a vantaxe dos composteláns seguiu crecendo ata o 59 - 32 final.

Os camiños transcurren sempre entre claros e escuros; a semana próxima, o TIENDAS PILLADOS CBPS terá a oportunidade de quitarse ese mal sabor de boca, en casa, ante os invictos e correosos Tecven Padrón. Esperemos recuperar aos lesionados Alex e Juan, e que o golpe no xeonllo de Beni mellore.

Nas boas e nas malas, equipo.


Xogaron por parte do CBPS TENDAS PILLADOS CBPS; Maki, Chi, Rubén, Castelao, Beni, Baloco, Serxio, David, Juanto, Fernán e Pablo.

LaSalle 59 Tiendas Pillados CBPS 32
Parciais: 9 -15; 20-5; 12-4; 18-8.