luns, 24 de outubro de 2016

AS CADETES A CHISPAZOS

Nesta mañá desapacíbel de domingo, as cadetes do RÓTULOS AGEITOS CBPS Anahí, Ana, Sara Pouso, Sara Marcos, María Marcos, Lucía e Laura, adestradas por CHI e reforzadas coas infantís Carla, Martina, Andrea Laiño, Rut e Valeria recibían as santiaguesas de Enseñanza.

O partido presentábase difícil ante este outro clásico do baloncesto santiagués.
De inicio, as rapazas sonenses conseguían superar a presión a toda cancha das rivais grazas ao traballo de movementos e pases. O balón é redondo, bota, si, pero moitas veces e mellor que vaia olos aires.

Carácter laranxa
E tras un primeiro cuarto competido, chegou o apagón das locais. Todo o ben que fixeron de inicio físoxe máis ocasional, o aro fíxose máis pequeno, as rivais máis grandes, o ánimo decaeu e o marcador disparouse do lado do Enseñanza.

Ensinando.
O descanso serviu para levantar de novo o machete. Nesa segunda parte, as nosas rapazas volveron mostrar chispazos do que poden e chegaran a ser con traballo; un equipo competitivo. Carácter para iso teñen de sobra.

Ao final, RÓTULOS AGEITOS CBPS 15 - Enseñanza 61 (Parciais: 7-16/0-25/4-12/4-8)