martes, 1 de novembro de 2016

Serán de terror

Cada asunto require un coñecimento previo.
Sun Tzu - O arte da Guerra

Chegaron ao pavillón David Vidal de Portosín os homes de Juan Filgueiras vestidos de verde e coa confianza tocada trala derrota do finde pasado. Desconfianza.

Chegaron os homes do Tecven Padrón vestidos de negro e coa condición de invictos. Medo.

The Goodfellas

Boyz n the Hood

O guión da peli que se ía ver era coñecido; 40 minutos de zona por parte dos padroneses para dosificar as forzas da súa pouca rotación. Se ía ser unha comedia, un drama ou unha de terror  dependería da capacidade dos locais en ser disciplinados e precisos á hora de atacar.

Dende o principio viuse que risas ía haber poucas. Os homes de Padrón son veteranos e saben de que vai o xogo. En todo momento controlaron o asunto ante uns descolocados e desconcentrados sonenses; o dominio no rebote ofensivo permitiu aos visitantes sacar as primeiras vantaxes.

The Soleynt Green


Os 6 minutos iniciais do segunto cuarto foron un psicodrama. O CBPS estaba descomposto e o Tecven Padrón sacaba a primeira gran vantaxe (17-31) por inercia. Tras un tempo morto visitante, chegou o momento peplum dos locais; 4 minutos con gran intensidade para chegar ao descanso cun 27-33 que mantiña o suspense.

O terceiro tempo foi gore puro; calqueira grabación deste periodo pode converterse nun found footage do nivel de The Blair Witch Project. Unha canasta e un tiro libre foron o bagaxe ofensivo dos locais ante uns irienses que agradecían o trato halloweenesco e esta falta de truco.
A Nightmare on Elm Street (de Portosín)
 Con 19 puntos de diferencia no marcador, o derradeiro cuarto foi un melodrama, gañado 13-11 polos sonenses, como para subliñar a tristeza do que puido ser e nunca foi.
The Bridges of Madison County
 A semana que ven toca visitar o CBAT nos Tilos. Toca ensaiar para non quedar en branco de novo.

TIENDAS PILLADOS CBPS 43 - C.B. Tecven Padrón 60
Parciais: 13-18; 15-15; 3-16; 13-11
Xogaron: Juan, David junior, Fernán, Maki, Alex, Chi, Rubén, Castelao, Beny, David, Serxio, Baloko.

Grazas a #Balokofotografias polas fotos!