luns, 24 de outubro de 2016

AS INFANTÍS EMPEZAN CUNHA LECCIÓN.

As rapazas do PESCADOR BORMAR CBPS empezaban este sábado a tempada na segunda división da liga FEGABA ante un clásico do baloncesto galego, as rapazas do Peleteiro B, na súa cancha.

O partido presentábase difícil pero xa había gañas de empezar dunha vez a xogar e aplicar todo o que se leva adestrado.
As rapazas que dirixen Andrés Cadahía e Chi son un grupo que está demostra en cada adestramento o seu entusiasmo e as súas gañas de aprender.

Pero a competición é implacábel, sobre todo se non se sae co instinto competitivo afiado; as rapaces de Peleteiro, cunha axisfisiante defensa a todo campo, impuxeron o seu ritmo e deixaron noqueadas as nosas de inicio cun parcial de 25-0.

Iso si, unha vez que Valeria, Mariña, Andrea Vázquez, Andrea Laíño, Melanie, Carla, Carmen, Rut, Martina, Xiana e Noa conseguiron soltarse e se puxeron a xogar, o partido igualouse, demostrando que a diferencia non era tanto técnica coma mental.

Ao final, Peleteiro B 59 - PESCADOR BORMAR CBPS 19 (15-0, 19-9, 19-4, 6-6).

Para a semana, as nosas reciben outro rival duro, as rapazas de LaSalle. Así que rapazas, a seguir currando que isto só empeza!