luns, 24 de outubro de 2016

OS JUNIORS DOMINAN OS DERBIS

Na mañá de sábado o FISIOTERAPIA CINESIA CBPS xa sen baixas desprazábase a Boiro para enfrontarse ao C.B. SANTA BAIA no marco da segunda xornada da segunda división Junior.

O rival era coñecido xa que os nosos os derrotaran claramente en pretempada. Pero os amigábeis son os amigábeis, a liga, a liga, e un ghato un bicho. Así que Andrés Cadahía non ía permitir ningunha relaxación neste primeiro partido fóra de casa.

Concentración.

Dende o inicio, o equipo sonense mostrouse moi concentrado, aplicado e serio, a marca de fábrica deste equipo.

E xa na primeira parte abriron unha brecha que semellaba insuperábel para os locais (17-34 ao descanso).

Polos aires.

Na segunda parte, entre as numerosas rotacións e unha certa relaxación polo dominio no marcador, o partido non tivo moito historia se non fóse porque André e Toño  escordaron o nocello. Agardemos que non sexa moito.

Ao final,  Santa Baia 39- FISIOTERAPIA CINESIA CBPS 57. 
(Parciais: 9-17, 8-17, 10-13, 7-10)

Para a semana, os rapaces de Andrés volven a viaxar, desta vez á durísima pista de LaSalle, para un partido que se agarda moi competido.

Namentres, a recuperarse, adestrar e seguir medrando!

Xogaron por parte do FISIOTERAPIA CINESIA CBPS :  Iannis, Baloco, Fernán, Pablo, David, Javier, Iván, Toño, André, Yago, Andrés, Manu Castelao, Alfonso, Miguel Anxo, Roi e Iván. 

(Grazas Uxío polas fotos)