mércores, 11 de maio de 2016




Coma todos os anos anteriores, dende o Clube Baloncesto Porto do Son, convidámosvos a todos e todas, de forma gratuita e sen ningún compromiso, a probar con nós o deporte que tanto nos gusta practicar e animarvos a que vos unades ao noso clube de cara a vindeira tempada.

Podedes acercarvos a probar nos distintos horarios dos que dispón o noso clube, tanto no Pavillón David Vidal en Portosín coma no Pavillón Santa Irene en Porto do Son.

Ánimate e ven a divertirte coa familia do CBPS!






*Escola: Dende os 4 anos ata os 12.
  Infantís: De 12 a 14 anos.
  Cadetes: De 14 a 16 anos.
  Junior: De 16 a 18 anos (mesmo horario de cadetes)